Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXV Mostra de Teatro Escolar: gala de entrega de premios

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

12/06/2026

Horario:

As 17:00 horas.

16:45 h: Apertura de portas ao público.

• 17:00 h: Comezo da gala coa ENTREGA DAS 4 MENCIÓNS ESPECIAIS á EIM Luís Seoane, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CPR Fogar de santa Margarida e CPR Franciscanos por un membro do xurado ou o Concelleiro de Educación (ou outro*.)

• 17:10 h: REPRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE INFANTIL do EIM Luís Seoane e do CPR Obradoiro; e entrega de diplomas polo Concelleiro de Educación*.

17:45 h: Apertura de portas ao público.

• 17:50 h: REPRESENTACIÓN DO GRUPO DE PRIMARIA do CEIP Cidade Vella e entrega de diplomas polo Concelleiro de Educación*.

18:15 h: Apertura de portas ao público.

• 18:20h: REPRESENTACIÓN DO GRUPO DE SECUNDARIA do IES Monte dás Moas e entrega de diplomas polo Concelleiro de Educación*.

• 19:00 h: PECHE DA GALA polo Concelleiro de Educación*.

Duración:

2 horas

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

Requisitos:

  • Nos momentos entre as representacións, abriranse as portas para a saída e entrada de público.
  • Unha vez comezadas as representacións non se permitirá o acceso do público ao auditorio.
  • No auditorio non está permitido comer nin beber.
  • Por seguridade, non está permitido ocupar os corredores nin as escaleiras.
  • Está prohibido gravar vídeos nin facer fotos.
  • Non está permitida a entrada de cadeiras e coches de bebés, que deberán permanecer fose do auditorio

Organiza:

Concellería de Educación, Formacién e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña

Contacto:

Servizo Municpal de Educación

educacion@coruna.gal

981 184200 ext 10127

Organiza:

Concellería de Educación, Formacién e Innovación Tecnolóxica do Concello da Coruña

A gala de entrega de premios celebrarase o venres 12 de xuño, ás 17:00 horas, no Fórum Metropolitano.

O programa educativo municipal XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 pecha o seu XXXV edición coa celebración da gala final de entrega de premios, que terá lugar o venres 12 de xuño, ás 17:00 horas, no Fórum Metropolitano.

Na gala, que estará presentada por , Mariña Pena Blancoos grupos gañadores representarán as súas obras e recibirán os premios correspondentes (un cheque por valor de 100€ para cada un dos grupos gañadores), que serán entregados polo Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez. Tamén se entregarán as mencións especiais por parte do xurado.

Todas as obras teatrais foron valoradas (pola súa orixinalidade ou adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, a dramatización e a coordinación do grupo) por un xurado composto por:

  • Ana Judel Prieto, Técnica de Educación do Concello da Coruña. Foi docente de grupos de teatro escolar, directora do Fórum Metropolitano e programadora de teatro infantil e xuvenil.
  • Ramiro Neira Cortés, actor e narrador de tradición oral; director e produtor de proxectos teatrais en Galicia; docente de grupos de teatro escolar e afeccionado.
  • Xosé Leis Martínez, graduado en Pedagoxía Teatral e Máster en Estudos Teatrais e Audiovisuais da UDC; actor de teatro e audiovisual; director e programador de festivais teatrais; docente de grupos de teatro escolar.
  • Alfonso Queijo, técnico do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, como secretario.

Premios e mencións especiais:

PREMIOS DE CADA CATEGORÍA ás seguintes obras:

CATEGORÍA

OBRA

CENTRO EDUCATIVO

EDUCACIÓN INFANTIL

What the ladybird heard

CPR OBRADOIRO

Isabel e o barco da saúde

EIM LUÍS SEOANE

EDUCACIÓN PRIMARIA

Tortura disfrazada de excursión

CEIP CIDADE VELLA

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Memorias dun esquelete

IES MONTE DAS MOAS

MENCIÓNS ESPECIAIS as seguintes obras:

MENCIÓNS ESPECIAIS

OBRA

CENTRO EDUCATIVO

MELLOR ESCENOGRAFÍA

Isabel e o barco da saúde

EIM LUÍS SEOANE

MELLOR VESTIARIO

Alicia en el País de las Maravillas

CEIP WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ

MELLOR OBRA DE CREACION COLECTIVA

La boda que salió rana

CPR FOGAR DE SANTA MARGARIDA

MELLOR ADAPTACIÓN

Tres pelos de oro de la cabeza del diablo

CPR FRANCISCANOS

Programa ao que pertence

  • XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26

    Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión