Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello presenta ás direccións dos centros educativos a programación de Coruña Educa para o curso 2026/2027

Cuándo:

22 de septiembre de 2026

A alcaldesa mantivo un encontro coas direccións dos centros de Primaria para abordar tamén as principais cuestións do inicio do curso

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo esta tarde un encontro, xunto co servizo municipal de Educación, coas direccións dos centros educativos de Primaria da cidade e a Federación de ANPAS da Coruña para presentarlles a programación de Coruña Educa para o curso 2026/2027, a oferta de actividades e programas que o Concello pon gratuitamente á disposición da comunidade educativa.

Durante a reunión, Rey explicou as principais novidades desta edición e abordou coas direccións diferentes cuestións de carácter xeral relacionadas co inicio do curso e coas necesidades dos centros educativos. A programación abrangue ámbitos como a cultura, a ciencia, a saúde, o medio ambiente, a mobilidade, o deporte, os idiomas ou a participación, con propostas adaptadas ás diferentes etapas educativas.

O prazo para solicitar as actividades de Coruña Educa xa está aberto. Os centros poden realizar as súas solicitudes segundo os prazos establecidos para cada programa, aínda que boa parte das actividades pechan a inscrición o próximo 15 de outubro. "Queremos seguir escoitando directamente aos centros e poñendo os recursos municipais ao servizo dunha educación pública de calidade e con máis oportunidades para todos os nenos e nenas da Coruña", sinalou a alcaldesa.

A programación de Coruña Educa 2026/2027 reúne máis de 80 programas e propostas educativas, distribuídas en 14 grandes áreas, con actividades gratuítas para os centros educativos da cidade e cun investimento municipal superior ao millón de euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión