12/06/2026
A partir das 17:30 horas.
A gala de entrega de premios celebrarase o venres 12 de xuño, ás 17:30 horas, no Fórum Metropolitano.
O programa educativo municipal XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 pecha o seu XXXV edición coa celebración da gala final de entrega de premios, que terá lugar o venres 12 de xuño, ás 17:30 horas, no Fórum Metropolitano.
Na gala, que estará presentada por , Mariña Pena Blancoos grupos gañadores representarán as súas obras e recibirán os premios correspondentes (un cheque por valor de 100€ para cada un dos grupos gañadores), que serán entregados polo Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez. Tamén se entregarán as mencións especiais por parte do xurado.
Todas as obras teatrais serán valoradas (pola súa orixinalidade ou adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, a dramatización e a coordinación do grupo) por un xurado composto por:
Programa "Mostra de Teatro Escolar"
O programa educativo "Mostra de Teatro Escolar" está concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea (ou selecciona) e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo, recibindo ao grupo de teatro do devandito centro.
Nesta XXXV edición do programa realizáronse un total de 14 representacións noutro centro de intercambio (e outras tantas no propio centro), entre o 13 de abril e o 14 de maio de 2026, en 12 centros educativos da cidade. En total, participaron 14 grupos, con 278 alumnos/as de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e bacharelato, así como 32 profesores/as, monitores/as e acompañantes.
Programa ao que pertence
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible