Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

CEE Nosa Señora do Rosario

Enderezo:

Ronda Camilo José Cela 2. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 283 496

Fax:

981 283 496

981 926 241

Páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceenosasenhorarosario/

Servizos:

Comedor.

Servizos audiómetricos.

Servizo medico otorrinolaringológico.

Servizo psicolóxico.

Transporte gratuíto.

Horario:

Escolar Infantil e Primaria:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Escolar ESO:

Luns de 08:45 h a 14:15 h e de 15:20 h a 17:00 h. Martes a venres de 08:45 h a 14:15 h

Comedor:

Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h

Extraescolar:

Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h

Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Niveis educativos:

  • Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-5 anos)
  • Educación Primaria (6/12 anos)
  • ESO

Actividades extraescolares:

Deporte no centro:

  • Descrición: actividades físico-deportivas nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura
  • Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria
  • Horario: dúas horas alternas á semana entre as 16:00 h e as 18:00 h do 1 ou 15 de outubro ao 15 de xuño
  • Inscrición: na ANPA do centro
  • Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación

Admisión de alumnado:

Necesítase un informe que demostre que ese/a neno/a necesita un centro específico. Os pais poden acudir directamente ao centro e alí serán informados de todo e mostraránselles as instalacións.

Datos de interese:

  • Colexio de carácter mixto, para nenos/as (3-21 anos) xordos/as ou deficientes auditivos/as contando con 3 sectores de atención:
  • Integración total
  • Integración combinada
  • Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL)
  • Dispoñen tamén dun servizo de Atención Temperá para nenos/as de 0 a 5 anos
  • É o único centro de Galicia que ten a ESO completa para nenos/as con deficiencias auditivas
  • Ten ademais aloxamento na residencia do Burgo para os/as nenos/as que son de fóra da Coruña

Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL):

  • Atención a alumnado desde os 0 anos con problemas de audición e/ou linguaxe, con expreso permiso da administración educativa, en réxime ambulatorio e en horario de 15:00 h a 20:00 h en sesións de media hora para aquel alumnado escolarizado en centros docentes da zona ou comarca
  • Control audiométrico e control de rendemento dos audífonos por medio de campo libre
  • Atención rehabilitadora de implantes cocleares
  • Préstamo de bibliografía especializada a profesorado de zona ou comarca
  • Información e mostra de aparellos e materiais específicos para a rehabilitación da linguaxe e audición a profesorado de zona e comarca
  • Información e cesión a colexios da zona e comarca de programas informáticos especialmente indicados para esta rehabilitación logo do compromiso previo dunha avaliación de tipo trimestral dos rendementos e posibilidades da aplicación e posibles melloras dos programas achegados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión