Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello abre mañá o prazo de inscricións para as actividades da programación de Coruña Educa para o curso 2026-2027

Cuándo:

14 de septiembre de 2026

As actividades gratuítas abarcan numerosas temáticas e teñen como obxectivo ofrecer novas ferramentas educativas e de divulgación ao alumnado dos centros da cidade

Mañá comezará o prazo de inscrición da maioría das decenas de actividades incluídas na programación deste curso de Coruña Educa, unha iniciativa coa que o Concello busca ofrecerlles actividades divulgativas e entretidas aos colexios e institutos da cidade, coas propostas separadas en máis dunha quincena de bloques temáticos. O plan formativo implementado polo Goberno de Inés Rey complementa e reforza os currículos educativos dos centros dun xeito próximo e ameno para o alumnado. A pesar de que mañá se inicia o prazo de inscrición do groso da programación, algunhas actividades seguen prazos diferentes. Os centros educativos interesados poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello www.coruna.gal/educacion.

"Con Coruña Educa despregamos unha gran oferta de actividades que cobren moi diversas áreas. É unha programación pensada minuciosamente polos servizos de Educación e en conversa cos pais e nais e o persoal dos centros para adaptármonos ás necesidades actuais dos nenos e nenas da Coruña. Trátase, en definitiva, de espertar o interese en cuestións fundamentais para o seu desenvolvemento académico e persoal", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Actividades de Coruña Educa 2026-2027:

Coruña de Aventura

  • Visitas escolares

  • Itinerarios

  • Rutas urbanas animadas

  • Espías no tempo

A Coruña das ciencias

  • Día da Ciencia na Rúa

  • Visitas a Museos Científicos

  • VI Concurso Imaxina Coruña

  • XXV Rebumbio Matemático

  • XX Feira Matemática

  • XVII Taller e Concurso galego de robótica "A maxia da robótica"

  • Concurso de Drons 2026

  • Converxencias Arte e Ciencia

A Coruña Cultural

  • XXXVI Mostra de Teatro Escolar

  • V Cinema na Escola

  • Chorus

  • Visitas ás Bibliotecas Municipais

  • Visitas ás Casas Museo

  • Todo Público (teatro para centros escolares)

  • Son Futuro (programa educativo da OSG)

  • Tambores de Aventuras (historia da música militar)

A Coruña Tardes

  • Cóxegas

  • Arte e Cultura no Centro

  • Deporte no Centro

  • Idiomas no Centro

  • Chorus-Concerto pola Paz (actividade extraescolar)

  • Campacoles (verán 2027)

  • Natación Escolar

  • Actividades complementarias adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña no Mundo

  • VI Intercambio Escolar Eixo Atlántico

  • Bolsas Norteamérica 2026/2027

  • Idiomas do Mundo (verán 2027)

A Coruña Participa

  • Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC)

  • Pleno Infantil

  • Antenas de Información Xuvenil

A Coruña Orienta

  • Servizos do Centro Municipal de Información Xuvenil (visitas a centros, visitas aos espazos de información xuvenil, información sobre recursos de mobilidade na mocidade e visita á nave do Metrosidero).

  • Seminarios de motivación para a búsqueda de emprego

  • Programa Inicia

  • Proxecto Semente

A Coruña Linguas

  • Falamos Secundaria

  • Fomento da lingua galega na REIM

A Coruña Vial

  • Coruña Diversa

  • Os parruliños coñecen a rúa

  • Rodando pola cidade de cristal

  • Coñecer o Centro Integral de Mobilidade (CIMOB)

  • Actividade de mobilidade segura compartida con Avoas e avós e netos e netas

  • A mobilidade na adolescencia

  • Camiños Escolares Seguros (ANCAS)

  • Aulas activas de seguridade viaria

  • Concurso de cartas e debuxo "Agora imos camiñando ao cole

A Coruña Saúde 

  • Data Fórum Escolar

  • Free Style People (prevención do acoso escolar)

  • Seminario "As artes ao servizo da diversidade educativa"

  • Axente Tutor. Acoso escolar e prevención das adiccións

  • A máscara das drogas

  • A mellor estratexia do xogo

  • A rede e as súas redes (prevención de riscos en internet)

  • Atrápache o molde? (promoción do pensamento crítico e prevención da manipulación mediática)

  • Con-Tacto con palabras (promoción da saúde mental no ámbito escolar)

  • Enredos na rede

  • Fuga de cerebros: Habilidades sociais fronte ás adiccións

  • Infiltrados na rede

  • Iso xa non é unha broma (prevención do acoso escolar)

  • O valor do "Non, eu paso!"

  • Obradoiro de prevención no uso de internet, redes sociais e xogos interactivos

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos

  • Videoxogos e o seu dominio

  • A cara oculta da lata (bebidas enerxéticas e alcol)

  • Cortinas de fume (riscos do tabaquismo e o vapeo)

A Coruña Consumo

  • Visita o teu mercado

  • Alimentación e consumo

  • As/os menores e o consumo

  • Compras seguras

  • Dereitos de deberes das persoas consumidoras

  • Consumo responsable das tecnoloxías

  • Publicidade e consumo

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable

A Coruña Ambiental

  • A ruta da auga

  • Enerxía e cambio climático

  • Mobilidade sostible

  • O aire que nos rodea

  • Residuos urbanos na Coruña

  • "Vexo, Vexo", biodiversidade na Coruña

  • Animais na cidade

  • Ecosistemas mariños e litorais

  • Sostenibilidade no fogar

A Coruña en Igualdade

  • Obradoiro "Aprender igualdade creando" (I e II)

  • Obradoiro "Xogos e historias para medrar en igualdade"

  • Foros de debate: "Pensar en igualdade con amplitude de miras"

  • Obradoiros de saúde afectivo-sexual

Accións educativas

  • Torneo de xadrez "Pequenos Xigantes"

  • Semana de prevención de bombeiros

  • Concurso de postais de Nadal 2027

  • "De aquí coma ti": Hockey Club Liceo

  • Ópera para nenos e nenas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión