Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cosmética natural e consumo consciente de produtos de hixiene 2025-26
A través dunha metodoloxía práctica e participativa, o alumnado explorará que conteñen realmente os produtos que utiliza a diario, desde cremas ata xeles de baño. Analizaranse etiquetas, identificando ingredientes nocivos e recoñecendo certificacións ecolóxicas. Presentaranse alternativas naturais e receitas sinxelas para elaborar produtos de hixiene persoal como exfoliantes, desodorizantes ou bálsamos labiales, fomentando o consumo responsable e a redución de envases.
O taller incorpora dinámicas de reflexión e pequenos retos para aplicar o aprendido na vida cotiá.
Servizo municipal:
Consumo
Tipo de actividade:
Complementaria
Localización do centro:
Só da Coruña
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
Obxecto:
Promover no alumnado unha actitude crítica e responsable fronte ao consumo de cosméticos e produtos de hixiene, incentivando o uso de alternativas naturais e sustentables que reduzan o impacto ambiental.
Obxectivos específicos
Identificar os principais compoñentes de cosméticos e produtos de hixiene, analizando os seus efectos na saúde e o medio ambiente.
Aprender a ler e comprender etiquetas, diferenciando ingredientes e recoñecendo selos ecolóxicos e certificacións.
Coñecer opcións naturais e caseiras para a elaboración de produtos de hixiene persoal.
Valorar a importancia de reducir envases e residuos plásticos asociados ao consumo cosmético.
Desenvolver hábitos de compra responsable priorizando a sustentabilidade.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de ESO, BACH E FP.
Cando:
Ver condicións xerais do programa.
Inscricións:
Ver condicións xerais do programa.
Contacto:
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible