Idiomas no centro é unha emocionante proposta de ocio para promover a aprendizaxe de idiomas estranxeiros (inglés ou francés) nun ambiente lúdico e participativo. Centrada na expresión oral, a escoita e a conversa a través de xogos e dinnámicas adaptadas aos intereses do alumnado.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de educación infantil, educación primaria e ESO de centros públicos do Concello da Coruña:
De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, en días alternos, entre as 16.00 e s 18.00 h, segundo a planificación da ANPA de cada centro educativo.
COTAS POR TRIMESTRE
Aboaranse 45 € por participante e idioma por trimestre: de outubro a decembro, de xaneiro a marzo e de abril a xuño.
Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 5 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de ocio xestionados pola Federación das ANPA no período lectivo do curso 2024/2025.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de "Bolsa Comedor" para o curso 2025/2026, terá un desconto do 50% da cota.
Obxectivos xerais:
O programa distínguese por ser unha actividade complementaria cun enfoque lúdico, onde o estudantado participa activamente. As actividades adáptanse aos intereses do alumnado, cunha forte énfase no desenvolvemento de habilidades comunicativas orais e prácticas para a vida cotiá.
Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).
ACTIVIDADES:
1. ENGLISH LAB
Inmersión en inglés para todas as idades, baseada no xogo e en actividades que fomentan a escoita activa e a expresión oral. Busca desenvolver seguridade e fluidez, especialmente en ESO, mediante debates e conversas en confianza.
2. ON PARLE
Programa de francés para principiantes e estudantes con algo de experiencia, que combina a aprendizaxe divertida e o xogo. Fomenta a comprensión e a expresión oral, nun ambiente relaxado e motivador adaptado a cada nivel.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A oferta de ambas as actividades de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de lecer da federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación das ANPA valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
1. Non se consiga o número mínimo de participantes.
2. Se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
3. Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
1.º trimestre: ata o 14 de setembro
2.º trimestre: do 1 a 15 de decembro
3.º trimestre: do 1 a 15 de marzo
Se a baixa é solicitada unha vez iniciado o trimestre e fóra dos prazos establecidos, poderase solicitar a devolución proporcional da parte non gozada, tendo en conta o número de sesións restantes a partir da data de comunicación da baixa. Esta devolución efectuarase nun prazo de 30 días e poderá descontarse o custo de gastos fixos non recuperables directamente vinculados á inscrición.
Dende o 01/10/2025 ata o 19/06/2026
Xa rematou
Dende o 15/07/2025 ata o 14/09/2025
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Inclusión de alumnado con necesidades específicas:
Deberase indicar na solicitude de inscrición.
A Federación Provincial das ANPA valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo.
REQUISITOS
O ratio mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:
Ratios máximas por grupo:
Estas ratios poderanse adaptar tendo en conta o criterio técnico e a información das ANPA.
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para realizar o programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten un/unha educador/a de reforzo.
Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de ocio" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.
Avaliación
Será un proceso de avaliación continua. Empregaremos ordinariamente ferramentas de avaliación oral por medio de conversas, debates, exposicións, postas en común... para valorar o nivel individual do alumnado.
De forma extraordinaria, dúas ou tres veces durante o curso, levaranse a cabo postas en común grupais ou creacións en soporte audiovisual que sirvan de mostra, e ao mesmo tempo de avaliación, do nivel de progreso do alumnado participante.
Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos
R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña
Teléf.: 981 202 002
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible