Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rutas urbanas animadas 2020-2021

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os 3 até os 8anos, co obxectivo de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, mediante actividades didácticas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de último curso (3.º EI) da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Alumnado de EI e 1.º e 2.º cursos de EP dos CEIP do municipio da Coruña

Horario:

Dúas sesións diarias, cunha duración aproximada de 80 minutos (e mais o tempo de chegada e saída no autobús):

  • Sesión 1: das 10.00 ás 11.20 h
  • Sesión 2: das 11.30 ás 12.50 h

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo, notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.

Rutas que se ofertan

Ruta 2 e 3 anos. Parque de Santa Margarida: espertando os sentidos (parque de Santa Margarida - contorna da Casa das Ciencias)

  • Temática: unha aproximación aos espazos verdes e aos recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

Ruta 4 anos. Historias de María Pita (praza de María Pita)

  • Temática: un espazo histórico-cultural onde poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de M.ª Pita.
  • Competencias: social e cidadá. Lingüística

Ruta 5 anos. Un museo ao aire libre (Xardíns de Méndez Núñez - zona do monumento a Curros Enríquez)

  • Temática: unha zona dos Xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, escoitar, construír e comparar.
  • Competencias: cultural e artística. Lingüística

Ruta 1.º EP. Xardín de San Carlos: memorias dunha batalla (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

  • Temática: un espazo singular en que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadá. Lingüística

Ruta 2.º EP. Tesouros de María Pita (praza de María Pita)

  • Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
  • Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística

Condicións do programa

  • Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O número máximo de acompañantes será dunha titora ou titor por grupo-clase e unha persoa acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considerar necesario).
  • Os buses recollerán no centro o alumnado e o profesorado media hora antes do inicio da ruta para os trasladaren ao lugar onde se vai realizar o percorrido. Os/as educadores/as das rutas non irán nos buses, estarán esperando no espazo onde se desenvolve a ruta.
  • As rutas poderanse anular debido ás inclemencias do tempo. Se se anularen, asignarase outra data de realización. Se non que non for posible, devolveríase a cota.
  • Se a demanda de rutas exceder os máximos sinalados para cada unha delas, as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel.: 981 202 002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 09/03/2020 ata o 08/05/2020

A realización do programa estará determinada pola evolución da pandemia da COVID-19. Nas datas indicadas, abrimos o prazo de inscrición e, antes de pórmos en marcha o programa, revisaremos as condicións de desenvolvemento deste co fin de o adaptarmos aos protocolos de aplicación para a prevención fronte á COVID-19.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 15 de setembro ao 6 de outubro de 2020.

Contacto:

Federación de ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21, 15003 A Coruña

Tels.: 981 202 002 e 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, exts. 12027 e 12047

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Recursos materiais:

O alumnado de EP recibirá un caderno pequeno para completar as súas actividades.

Recursos humanos:

Cada grupo de 15 escolares irá acompañado dunha educadora ou educador, ademais do seu profesorado.

Documentos:

Rutas urbanas animadas. Descrición (55 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión