Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vaia Banda 2025-26

O programa, titulado "UHA BANDA DE PELÍCULA", consta dun total de 14 sesións para escolares, que levarán a cabo no Centro Sociocultural Ágora.

O alumnado asistirá a unha sesión na que participará nun concerto en modalidade de oínte ou activo, neste último caso compartindo escenario co profesorado da Banda Municipal.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EP e EE de centros da cidade.

Tamén poderán asistir centros educativos doutros concellos próximos (Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos...), aínda que terán prioridade os centros da cidade.

Horario:

Do 3 ao 6 e do 16 ao 18 de marzo de 2026. Dúas sesións diarias ás 10:00 e 12:00 h.

O concerto terá unha duración de 60 minutos.

Tipo de actividade:

Complementaria

Prezo / Custo:

Actividade gratuíta.

O programa Vaia Banda trátase dunha actividade que supoñerá unha experiencia inesquecible para o alumnado participante, á vez que contribuirá á súa formación.

Realizarase unha REUNIÓN INFORMATIVA, o martes 21 de outubro, ás 17:00h, no Coliseum, para o profesorado e os centros interesados en participar no programa.

Condicións do programa

O número de alumnado que pode participar no programa Vai a Banda é de 500 por sesión (total de 7.000 alumnos).

O transporte ata o Centro Ágora, correrá a cargo do centro educativo.

Haberá dúas modalidades de inscrición: de oínte e activo, neste caso, compartindo escenario conxuntamente co profesorado da Banda Municipal.

As pezas da modalidade activa son: "Jurasic Park", "Sonrisas y lágrimas" ou "Carros de fuego".

Na inscrición dos grupos seleccionásense 2 sesións preferentes (o mesmo día ou en datas distintas), pero só se adxudicará unha delas.

O Dossier Pedagóxico pode consultarse en Documentos "relacionados" e o material didáctico de audio será publicado na canle de youtube de Eduación

Adxudicación

Unha vez pechado o prazo de inscrición, organizaranse os grupos nas distintas sesións, que se comunicará aos centros e publicarase a información na web.

Cando:

Dende o 03/03/2026 ata o 18/03/2026

Do 3 ao 6 e do 16 ao 18 de marzo de 2026, ás 10:00 e 12:00 h

Inscricións:

Dende o 22/10/2025 ata o 07/11/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Banda Municipal de Música

banda@coruna.gal

981 18 42 00 ext. 58037

Organiza:

Banda Municipal de Música

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

Dossier pedagóxico "Vaia Banda 2026" (886 KB)

Documentos relacionados

  • Vaia Banda 2026 - Partitura Carros de Lume (24 KB)
  • Vaia Banda 2026 - Partitura Jurassic Park (32 KB)
  • Vaia Banda 2026 - Partitura Toy Story (coro nenos) (44 KB)
  • Vaia Banda 2026 - Partitura Sorrisos e bágoas (parte dos nenos) (89 KB)
  • Vaia Banda 2026 - Partitura Sorrisos e bágoas (parte do profesor) (92 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión