10 de marzo de 2025
O Concello oferta un total de 29 bolsas neste programa de inmersión lingüística para centros educativos da cidade
O Concello abre este martes o prazo de inscrición para participar no programa Idiomas del mundo 2025 , que oferta un mínimo de 29 prazas para estancias dun mes en Irlanda, destinadas a estudantes que estean a cursar 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar. "O Goberno de Inés Rey quere dotar á mocidade de diferentes opcións para aprender idiomas e unha delas é este programa de estudos inmersivos durante o verán", sinalou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o 24 de marzo. Para a inscrición será necesario cubrir unha ficha dispoñible na web municipal (https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/) e presentar posteriormente toda a documentación necesaria a través de calquera dos rexistros municipais ou de calquera outra Administración (a presentación da documentación por rexistro é un requisito imprescindible para a validez das solicitudes). As estancias desenvolveranse durante catro semanas, nos meses de xullo ou agosto, nunha localidade por determinar da República de Irlanda.
O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio do idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo, ademais, un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Para iso, promove que o alumnado participe nunha acción intercultural, aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países, e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permite avanzar no seu desenvolvemento persoal.
Durante a súa estancia en Irlanda, as persoas seleccionadas asistirán polas mañás a clases de perfeccionamento de inglés, mentres que, polas tardes, participarán en actividades deportivas, culturais e lúdicas, con excursións a diversas localidades durante as fins de semana, aloxándose en domicilios particulares onde convivirán con familias irlandesas para, desta maneira, profundar máis na aprendizaxe do idioma inglés e no proceso de inmersión na cultura irlandesa.
O programa Idiomas do Mundo está integramente financiado polo Concello da Coruña e conta cun orzamento próximo aos 150.000 euros, cun custo estimado por praza de 5.138,80 euros. O Concello asume entre a totalidade e o 65% do custo das prazas, en función dos ingresos das familias, que en todo caso terían que achegar, como máximo, o 35 por cento do devandito custo.
As bolsas inclúen os gastos de desprazamento, a estancia en Irlanda durante un mes do alumnado seleccionado, as actividades escolares e extraescolares durante ese período, así como o custo dos monitores e educadores que acompañarán durante todo ese mes ás persoas seleccionadas, ademais do seguro que cobre calquera eventual incidencia durante o programa.
Entre os requisitos esixidos para poder participar figura o estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2024-2025, contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa, e contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
Programa al que pertenece
El programa ofrece la oportunidad de perfeccionar el dominio de idioma inglés y profundizar en el conocimiento real de otra cultura, obteniendo además un certificado oficial del nivel alcanzado según el Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL).
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible