Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ábrese a inscrición ao programa de apoio escolar

Cando:

2 de outubro de 2020

A partir do 5 de outubro e ata o 31 de maio desenvolverase en horario de tardes o programa "Apoio escolar" en diferentes centros cívicos da cidade. O día 2 de outubro ábrese o período de inscrición, mediante derivación dos centros educativos e/ou das técnicas de servizos sociais coa coordinación oportuna.

Este programa está destinado a menores que teñan dificultades de aprendizaxe e ten como obxectivo proporcionar os recursos pedagóxicos necesarios para potenciar as competencias individuais, reducir as taxas de abandono temperán, evitar o fracaso escolar e o absentismo.

  • Apoio escolar Primaria está dirixido a nenas e nenos entre 5 e 11 anos cos que se intervirá para previr, reducir e readaptar as dificultades de lecto-escritura.
  • Apoio escolar Secundaria está dirixido ao alumnado de 12 a 16 anos con dificultades de aprendizaxe, especialmente no ámbito das ciencias.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión