8 de septiembre de 2025
A proposta inclúe exposicións interactivas, planetario, talleres científicos, actividades maker, cinema e itinerarios didácticos
O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición do programa educativo da súa rede de Museos Científicos -Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae- cunha ampla variedade de actividades dirixidas ao alumnado de todas as etapas educativas.
A programación para o curso 2025-2026 ofrece propostas adaptadas aos diferentes niveis e áreas do currículo, combinando divulgación científica, experimentación, tecnoloxía e aprendizaxe activa. A iniciativa forma parte do compromiso municipal por achegar a ciencia á infancia e á mocidade, facilitando o acceso igualitario á cultura científica.
Casa das Ciencias
Domus
Aquarium Finisterrae
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que "esta programación demostra a aposta continuada do Concello por facer da divulgación científica un recurso educativo ao alcance de todo o alumnado". Subliñou, ademais, que "contar cunha rede municipal de museos como esta, con acceso gratuíto para os centros da cidade e cunha oferta adaptada a cada etapa educativa, é resultado do compromiso sostido do Goberno de Inés Rey cunha política cultural pública, accesible e orientada ao futuro da mocidade coruñesa".
Reservas e acceso
Toda a información está dispoñible en:
Programa al que pertenece
Visitas a la Casa de las Ciencias, la Domus y el Aquarium Finisterrae para grupos escolares que realicen reserva previa.
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible