Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas de grupos escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2025-26

Visitas á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae para grupos escolares que realicen reserva previa.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Museos científicos

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os niveis educativos

Horario:

Días lectivos de luns a venres

Anual

Condicións do programa

  • Concertar a visita con polo menos 24 horas de antelación.
  • Asistir un educador/a por cada 25 alumnos/as.
  • Mostrar en recepción do museo a carta de confirmación coas condicións da reserva.

Observacións

  • As instalacións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae contan con servizos e ascensores para persoas con discapacidade.
  • Ademais de visitar as salas de exposición, tamén é posible reservar outras actividades como a asistencia a proxeccións (planetario e cinema) e a realización de talleres experimentais.
  • Os centros educativos localizados no concello coruñés teñen entrada gratuíta.

Suxestións

Aconséllase que o profesorado que acompañará ao alumnado asista a unha das reunións de preparación da visita que se realizan nos centros.

Rógase respectar os horarios concertados para a boa organización da visita.

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 18/06/2026

Inscrición para os centros

Mediante o formulario de solicitude de reserva, que se pode descargar en: http://www.coruna.gal/mc2/es/visitas-escolares

Os centros escolares que desexen visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, asistir a unha sesión de Planetario ou de cinema en Domus, ou a unha das actividades e tallleres que se ofertan para grupos, os escolares deberán cubrir e enviar unha solicitude de reserva por correo electrónico.

Contacto:

Reserva de visitas escolares

Correo electrónico: reservas@casaciencias.org

Tel. reservas: 981 189 848

Outros teléfonos de contacto:

Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarita, s/n (15005)

Teléfono: 981 189 844

Domus

R/ Anxo Rebollo, 91 (15002)

Teléfono: 981 189 840

Aquarium Finisterrae

Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 (15002)

Teléfono: 981 189 842

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión