Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello da Coruña premia o talento tecnolóxico dos estudantes galegos no XII Obradoiro e Concurso de Robótica

Cuándo:

22 de noviembre de 2021

Un total de 23 centros educativos de toda a comunidade participaron no certame; o IES Ramón Penéndez Pidal e o IES Agra do Orzán, da cidade, están entre os gañadores por categorías

O Centro Sociocultural Ágora acolleu este luns a entrega de premios do XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica: A Maxia da Robótica, cita que se celebrou entre os días 15 e 19 de novembro coa participación de 23 centros educativos de toda Galicia e, concretamente, catro situados na cidade da Coruña: o IES Menéndez Pidal; IES Agra do Orzán; IES Salvador de Madariaga; CPR Franciscanos e Fundación Educativa Santo Domingo.

O Goberno municipal que dirixe Inés Rey, representado no acto polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, amosou a súa interese polos proxectos presentados nun concurso orientado a que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, execute traballos colaborativos para afrontar, de forma conxunta, a resolución de problemas e, ademais, desenvolva a súa creatividade e talento.

Neste sentido, os centros educativos gañadores por categorías no XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica: A Maxia da Robótica foron:

  • De 1º a 4º da ESO: CPI de Atios (Valdoviño).

  • Bacharelato e FP: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña).

  • Premio especial do Concello da Coruña: IES Agra do Orzán (A Coruña).

A maiores, o certame abriu as portas a un novo formato, inaugurado este ano, cun concurso de drons no que participaron dous alumnos de cada centro educativo participante no concurso de robótica, cun total de cinco equipos de 1º a 4º da ESO e outros cinco de Bacharelato e FP. Durante a mañá de hoxe, os estudantes traballaron na disposición dos aparatos para facer un voo teledirixido nas instalacións do Centro Sociocultural Ágora, con probas de obstáculos incluidas.

Trala exhibición matutina e a posterior avaliación do xurado, anunciouse ós seguintes gañadores:

  • De 1º a 4º da ESO: CPI de Atios (Valdoviño).

  • Bacharelato e FP: IES de Brión (Brión).

Esta actividade, financiada polo Concello da Coruña co obxectivo de estimular a creatividade dos participantes, impulsando tamén a formación tecnolóxica entre a xuventude galega, foi promovida por Igaciencia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión