17 de septiembre de 2025
As persoas interesadas poderán solicitalas ata o vindeiro 1 de outubro
O Concello da Coruña abre este xoves 18 de setembro unha nova convocatoria para solicitar as prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais. Serán un total de 91 prazas repartidas en diferentes centros da cidade. "Desde o Goberno de Inés Rey iniciamos un novo curso apostando pola conciliación familiar e a educación, ofrecendo unha extensa oferta de escolas e actividades para todas as idades", indicou o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.
O prazo de solicitude destas 91 prazas permanecerá aberto ata o vindeiro 1 de outubro. Estas prazas vacantes corresponden a sete das oito escolas infantís da rede municipal. Agás a EIM A Caracola, hai opcións no resto de centros para as franxas de idade de 0-1, 1-2 e 2-3 anos.
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gal/sede/gl), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo. A información completa sobre o proceso de admisión na REIM pode consultarse aquí.
A distribución das vacantes, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:
|
AULAS |
A CARACOLA |
AGRA DO ORZÁN |
ARELA |
CARRICANTA |
OS ROSALES |
LUIS SEOANE |
MONTE ALTO |
OS CATIVOS |
|
0-1 (2023) |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
0 |
11 |
|
1-2 (2022) |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6 |
|
2-3 (2021) |
0 |
5 |
12 |
7 |
16 |
2 |
5 |
22 |
O calendario do proceso de solicitude e admisión
O Concello habilitará este xoves 18 o prazo de solicitude das prazas vacantes, que estará aberto ata o mércores 1 de outubro. A publicación das listaxes definitivas será o martes 15 de decembro, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado do 16 ao 18 de decembro.
A Rede de Escolas Infantís Municipais ofrece un servizo ás familias de xeito gratuíto, iniciativa na que o Goberno de Inés de Rey foi pioneiro en Galicia, polo que as matrículas son de balde para os interesados, así como as oito horas de atención educativa gratuíta.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible