Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello promove entre abril e maio un intercambio escolar entre nenos e nenas da Coruña e alumnado de Guimaraes

Cuándo:

1 de abril de 2026

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Prácticas visitará a cidade portuguesa do 12 ao 14 de maio, dentro do programa desenvolvido en colaboración co Eixo Atlántico

Escolares de 6º de Primaria do CEIP de Prácticas de A Coruña realizarán un intercambio con alumnos do Agrupamento de Escolas Abel Salazar, de Guimaraes, dentro do programa 'Vivir nos municipios do Eixo Atlántico', financiado polos Concello da Coruña e de Guimaraes, dentro do empeño do Goberno de Inés Rey por fortalecer as relacións cos municipios do entorno.

O programa, promovido polo Eixo Atlántico, ten como obxectivos facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos concellos do Eixo; promover o coñecemento dos municipios integrantes, así como o seu patrimonio cultural, natural e inmaterial; concienciar aos escolares da importancia de vivir nunha Eurorrexión e promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso didáctico.

Dirixido ao alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria de centros públicos do Concello da Coruña, os intercambios terán lugar en abril e maio.  Así, do 21 ao 23 de abril 16 alumnos de  6º curso do Agrupamento de Escolas Abel Salazar, de Guimaraes, acompañados por varios profesores, desplazaranse á Coruña, onde coñecerán as instalacións do CEIP de Prácticas, visitarán diversos centros museísticos da cidade, ademais de levar a cabo actividades diversas e recorrer distintas zonas e lugares como o Palacio Municipal de María Pita. E do 12 ao 14 de maio serán 16 os escolares coruñeses os que se despracen á cidade portuguesa para compartir visitas e actividades cos rapaces e rapazas de Guimaraes.

O grupo de traballo de Educación e Cultura do Eixo Atlántico leva varios anos desenvolvendo este proxecto, no que o alumnado de educación primaria dun municipio portugués participa nun intercambio co alumnado da nosa cidade.

Os concellos da Coruña e Guimaraes faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e manutención, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.

"A nosa relación con Portugal sempre foi moi especial, e por iso para o Goberno de Inés Rey é fundamental trasladar aos nenos e nenas esa proximidade cultural desde idades moi temperás, reforzando a identidade do Eixo Atlántico como Eurorrexión", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Para a selección do centro participante da Coruña convocouse un concurso, dirixido a grupos escolares de 5 e 6º curso de Educación Primaria, formados por un máximo de 30 participantes (incluídos 2 docentes), é dicir, un aula. A esta convocatoria presentaronse tres centros educativos, presentando unha memoria coa proposta do proxecto de actividades para desenvolver na Coruña co grupo visitante portugués, sendo finalmente seleccionado o CEIP de Prácticas por unha comisión de valoración integrada por persoas técnicas do Servizo Municipal de Educación.

O Goberno de Inés Rey promoveu numerosos programas educativos e culturais para nenos e nenas da Coruña, incluíndo intercambios internacionais como Idiomas do Mundo, que permitirá a 32 alumnos de 1º de bacharelato pasar catro semanas en Irlanda, ou as Becas Norteamérica, coas que 30 alumnos cursan 1º de bacharelato en Canadá. En total, o Concello investiu máis de medio millón de euros para facer posible que os nenos e nenas dos centros da cidade poidan vivir experiencias que combinen a aprendizaxe de idiomas coa inmersión noutras culturas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión