6 de septiembre de 2025
Descarga aquí o cadro resumo da programación educativa (358 KB)
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Federación Provincial de ANPAS, ofrecerá actividades educativas, culturais, deportivas e de conciliación durante o curso 2025-2026
O Concello da Coruña impulsa un ano máis os programas educativos municipais en centros públicos, a través do convenio coa Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, cun investimento de 425.000 euros para o curso 2025-2026.
A programación inclúe actividades en horario lectivo e extraescolar, que se desenvolverán entre setembro de 2025 e xullo de 2026. Estas organízanse arredor de dous grandes bloques: A Coruña de Aventura, centrado no coñecemento da cidade e o seu patrimonio; e A Coruña Tardes, que inclúe propostas culturais, deportivas, lingüísticas e de conciliación.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que "seguimos apostando pola educación pública como pilar fundamental dunha cidade máis xusta, igualitaria e con máis oportunidades para a infancia e mocidade. Estes programas son unha ferramenta clave para contribuír á conciliación, ao desenvolvemento integral do alumnado e á cohesión social".
Rey lembrou tamén que "esta aposta complementa os investimentos en obras e melloras nos centros escolares, como as actuacións que vimos de realizar en 29 colexios da cidade, dentro do contrato de mantemento recentemente reforzado".
A Coruña de Aventura
Conxunto de programas que fomentan o coñecemento da cidade, o seu patrimonio e historia a través de metodoloxías activas, dinámicas e adaptadas a cada etapa educativa:
Itinerarios: percorridos temáticos por espazos emblemáticos da cidade, nos que o alumnado descobre figuras clave da súa historia -como María Pita, Isabel Zendal ou Picasso-, así como correntes artísticas como o modernismo ou a historia das casas consistoriais, combinando exploración urbana, narración e interpretación histórica.
Período de inscrición para todas as actividades de "A Coruña de Aventura": do 16 de setembro ao 16 de outubro de 2025
A Coruña Tardes
Actividades extraescolares de tarde que completan a xornada educativa con propostas que favorecen o desenvolvemento persoal, a creatividade, a convivencia e a conciliación familiar:
Campacoles: campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor, dirixidos a facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.
As inscricións realizaranse, segundo o programa, a través dos centros educativos ou da páxina web da Federación de ANPAS: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Outros programas educativos municipais
Ademais das propostas incluídas en "A Coruña de Aventura" e "A Coruña Tardes", o programa educativo municipal para o curso 2025-2026 abrangue máis de 100 actividades diferentes, dirixidas a todas as etapas educativas e desenvolvidas en colaboración con distintos servizos municipais -como Museos Científicos, Deportes, Igualdade, Medio Ambiente, Policía Local, Servizos Sociais ou Emprego- e entidades como Agapema, Igaciencia ou a Orquestra Sinfónica de Galicia.
Estas accións estrutúranse en grandes áreas temáticas: ciencias, cultura, participación cidadá, orientación profesional, idiomas, saúde, educación viaria, consumo responsable, igualdade, medio ambiente ou conciliación, consolidando así unha oferta educativa municipal ampla, diversa e adaptada ás necesidades da comunidade educativa local.
Como novidade, este curso ponse en marcha o programa "Chorus", centrado na educación musical coral. A iniciativa inclúe un seminario de formación para profesorado de música, cinco sesións preparatorias de canto coral co alumnado de 4.º a 6.º de primaria, e un concerto final no Coliseum no mes de xaneiro de 2026, no que participarán coros escolares xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e outras formacións corais da cidade.
A maior parte dos programas abren o seu prazo de inscrición entre o 16 de setembro e o 16 de outubro, e desenvolveranse entre os meses de outubro e xuño, aínda que poden existir excepcións segundo a programación de cada actividade.
A programación completa, con todos os programas, destinatarios e prazos de inscrición, pode consultarse no descargable ao final desta páxina ou na páxina web de Educación do Concello da Coruña: Cuadro resumen
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible