Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello renovará a cuberta da escola infantil municipal Carricanta, no Castrillón

Cuándo:

10 de septiembre de 2025

Hoxe aprobouse a saída a concurso dos traballos, valorados en máis de 200.000 euros

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras necesarias para renovar a cuberta da Escola Infantil Municipal Carricanta, no Castrillón.

"A conservación e o mantemento das instalacións municipais é fundamental e iso inclúe, por suposto, as garderías que se xestionan a través do Concello. Imos paso a paso tentando dar resposta ás necesidades específicas de cada unha", explicou a alcaldesa, Inés Rey.

Un exemplo é a EIM dos Rosales, onde no primeiro semestre de ano se completaron os traballos para mellorar a accesibilidade á escola, creando tamén unha nova saída de evacuación na parte traseira do edificio.

"Agora, avanzamos para cumprir as necesidades da EIM Carricanta, investindo máis de 200.000 euros na renovación da súa cuberta. Isto tamén nos permite avanzar coa nosa folla de ruta no Castrillón, onde a poucos metros da gardería tamén imos reurbanizar a praza José María Hernansáez, unha das grandes demandas do barrio desde hai anos", precisou Rey. A actuación na praza, na que o Concello investirá un millón de euros, está actualmente en fase de licitación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión