5 de marzo de 2026
O Concello publicou este xoves a listaxe de candidaturas admitidas. En total, serán 32 rapazas e rapaces os que participarán nesta experiencia de inmersión lingüística, que terá lugar o vindeiro verán
O Concello publicou hoxe a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na vindeira convocatoria do programa municipal Idiomas do Mundo, unha iniciativa de inmersión lingüística e cultural que lles permitirá a 32 rapazas e rapaces coruñeses experimentar unha estadía dun mes en Irlanda, entre o 26 de xullo e o 23 de agosto.
En total, os servizos municipais avaliaron un total de 114 candidaturas, das que 91 foron admitidas e outras 23 rexeitadas ao non axustarse aos requisitos establecidos nas bases. Agora, ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións, ata o 20 de marzo. Isto abrirá camiño á posterior publicación das listaxes provisionais e a de agarda.
O incremento de solicitudes con respecto á pasada edición do programa foi substancial, un aspecto que tamén puxo en valor o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego: "Idiomas do Mundo supón unha grande oportunidade para que a mocidade dos centros educativos da nosa cidade reforce os seus coñecementos en materia de idiomas, tamén para estreitar vínculos con outras culturas e países".
As 32 prazas, destinadas a alumnas e alumnos que están a cursar o primeiro ano de bacharelato na Coruña, outórganse baseándose nos expedientes académicos e tamén se valoran criterios económicos con respecto á unidade familiar solicitante.
Borrego lembrou, ademais, que o Concello financia integramente o programa, cunha dotación de case 150.000 euros. Isto permite asumir entre a totalidade e o 65 % do custo das prazas, en función dos ingresos das familias. "O Goberno de Inés Rey está comprometido coas novas xeracións da mocidade coruñesa, co seu desenvolvemento académico e persoal. E iso é precisamente o que buscamos coa posta en marcha de programas como Idiomas do Mundo ou as Bolsas Norteamérica, no que participaron centos de coruñesas e coruñeses desde hai máis de 20 anos", indicou o edil.
Programa al que pertenece
El programa ofrece la oportunidad de perfeccionar el inglés y profundizar en el dominio del conocimiento real de otra cultura, obteniendo además un certificado oficial del nivel alcanzado según el Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL).
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible