1 de xuño de 2026
Nesta nova edición dos "Programas de lecer", a oferta amplíase coa incorporación de CHORUS, un programa educativo e cultural centrado no canto coral infantil.
A través do convenio de colaboración co Concello da Coruña, a Federación de ANPA de centros públicos oferta, para o curso 2026/2027, unha ampla gama de programas, denominados "Programas de lecer", deseñados para seren realizados nos centros educativos coa cooperación dos seus equipos directivos e das ANPA.
Como parte do compromiso do Servizo Municipal de Educación coas ANPA e as familias, un dos principais propósitos é organizar actividades extraescolares que compartan o obxectivo fundamental de promover un desenvolvemento integral no tempo libre na infancia e a mocidade, e que abrangan tanto o aspecto físico como socioemocional dos/as participantes, onde o xogo e a diversión serán fundamentais na súa execución, así como xerar un espazo para favorecer a conciliación familiar e laboral.
Nesta nova edición dos "Programas de lecer", a oferta amplíase coa incorporación de CHORUS, un programa educativo e cultural centrado no canto coral infantil.
Programa ao que pertence
CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos.
Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento integral e a creatividade.
Máis informaciónO programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abanico de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal.
Todo isto nunha contorna lúdica, participativo e respectuoso, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia.
O programa organízase a través de .. Obradoiros
Máis informaciónO programa "Deporte no centro" promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.
Máis informaciónIdiomas no centro é unha emocionante proposta de lecer para a promoción da aprendizaxe de idiomas estranxeiros (inglés ou francés) nun ambiente lúdico e participativo.
Centrada na expresión oral, escóitaa e a conversación a través de xogos e dinnámicas adaptadas aos intereses do alumnado.
Máis informaciónO programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís.
Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.
Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPAS, integrándose nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.
O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e coro Gaos.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible