Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deporte no centro 2025-26

O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Preferentemente alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria de centros públicos do municipio da Coruña. Tamén poderá ter cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP .

A oferta de actividades exponse en función do seguintes tramos de idade:

  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
  • ESO, bacharelato e FP

Horario:

De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns- mércores e martes- xoves), sempre dentro da franxa horaria de 16:00 a 18:00 h.

Poderase realizar a actividade "TORNEOS DEPORTIVOS" só os venres, de 1 hora de duración.

O horario de cada actividade determínao o ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.

Prezo / Custo:

COTAS POR TRIMESTRE

Abonaranse 21 € por participante e escola deportiva trimestre: de outubro a decembro, de xaneiro a marzo e de abril a xuño.

A cota dá "TORNEOS DEPORTIVOS" será de 10,50€ por trimestre

Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 5€ en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2024/2025.

O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2025/2026, terá un desconto do 50% da cota.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades e capacidades motrices básicas (E. Infantil) e aquelas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas (especialmente nos últimos cursos de E. Primaria).
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

    MODALIDADES DEPORTIVAS

    Cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento da rapazada, fomentando o seu crecemento integral a través do xogo e o deporte.

    En Educación Infantil: as actividades céntranse en mellorar as habilidades motoras xerais mediante xógoo, axudando aos/as máis pequenos/as a desenvolver coordinación e movemento de maneira divertida e segura.

    En Educación Primaria: nos primeiros cursos, enfocámonos na evolución natural dos xogos motores e en actividades rítmicas que combinan xogo e deporte. A medida que os/as escolares crecen, introdúcense actividades rítmicas que desenvolven coordinación e expresión corporal, deportes específicos adaptados ao seu nivel e xogos de mesa e xadrez para desenvolver habilidades estratéxicas. As

    DEPORTES ALTERNATIVOS (Colpbol, Ultimate, Baseball, Pickleball...) é unha proposta innovadora que convida o alumnado a explorar actividades deportivas emocionantes, fomentando a creatividade, o traballo en equipo e o desenvolvemento integral nun ambiente divertido. Adaptados a todos os niveis de habilidade, ofrecen unha alternativa atractiva aos deportes tradicionais, promovendo o benestar integral dos/as participantes.

    ENCONTROS DEPORTIVOS* é unha actividade de competición entre equipos do centro ou intercentros en deportes específicos, promovendo a cooperación, a competencia saudable e o desenvolvemento de habilidades sociais e motrices.

    En ESO: as ANPAS dos IES poderán solicitar as mesmas modalidades deportivas propostas para o último tramo de Educación Primaria.

    EDUCACIÓN INFANTIL

    EDUCACIÓN PRIMARIA

    4º, 5º e 6º

    1º, 2º e 3º

    4º, 5º e 6º EP

    ESO e BACHARELATO

    XOGOS E MOVEMENTO

    RITMO

    BAILE MODERNO

    XIMNASIA RÍTMICA

    PREDEPORTE

    ATLETISMO

    BADMINTON

    BALONCESTO

    BALONMÁN

    FÚTBOL SALA

    HOCKEY SALA

    MULTIDEPORTE

    TENIS

    VOLEIBOL

    XOGOS DE TABOLEIRO

    PRE-XADREZ

    XADREZ

    PRE-PATINAXE 1

    (só para 5º e 6º cursos)

    PRE-PATINAXE 2

    PATINAXE ARTÍSTICA

    HOCKEY SOBRE PATÍNS

    XOGOS TRADICIONAIS 1

    XOGOS TRADICIONAIS 2

    DEPORTES ALTERNATIVOS

    INICIACIÓN A DEPORTES ALTERNATIVOS

    PEQUEXOGOS

    (Torneos Deportivos)

    XOGAPRO

    (Torneos Deportivos)

    XOGAMASTERS

    (Torneos Deportivos)

    Poderanse solicitar outros deportes sempre que o centro teña as instalacións adecuadas. A Federación Provincial de ANPAS avaliará estas propostas para decidir a súa realización.

    METODOLOXÍA

    Baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.

    ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

    A oferta de modalidades deportivas de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.

    A Federación de Anpas valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:

    1.Non se consiga o número mínimo de participantes.

    2.Se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.

    3.Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.

    ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

    As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.

    Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.

    CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

    • Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo disciplinario correspondente.
    • A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota abonada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro escolar que a necesite por estar en listaxe de espera.
    • Unha vez comezado o programa, se algún grupo xa formado queda por baixo do cociente mínimo establecida por falta de asistencia dos participantes, non podería continuar, quedando suspendida esa actividade.
    • Se una mesma actividade, para un mesmo tramo de idade, ofértase en dúas franxas horarias diferentes, o participante só poderá escoller unha desas dúas franxas horarias.
    • As actividades solicitadas escolleranse entre a oferta de actividades proposta polo ANPA de cada centro.
    • AUSENCIAS E BAIXAS: As solicitudesd de baixa deberán facerse por escrito vía correo electrónico: actividades @fedapascoruna.org, nos seguintes prazos:

    1º trimestre: ata o 14 de setembro.

    2º trimestre: do 1 a 15 de decembro .

    3º trimestre: do 1 a 15 de marzo .

    Se a baixa é solicitada unha vez iniciado o trimestre e fóra dos prazos establecidos, poderase solicitar a devolución proporcional da parte non gozada, tendo en conta o número de sesións restantes a partir da data de comunicación da baixa. Esta devolución efectuarase nun prazo de 30 días e poderá descontarse o custo de gastos fixos non recuperables directamente vinculados á inscrición.

    Cando:

    Dende o 01/10/2024 ata o 19/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 15/07/2025 ata o 14/09/2025

    A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones

    INCLUSION DE ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:

    Deberá indicarse na solicidud de inscrición.

    A Federación Provincial de Anpa valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo

    Contacto:

    Servizo Municipal de Educación

    educacion@coruna.gao

    981 184 200 ext. 22012, 22013 e 10179

    Requisitos:

    O cociente mínimo para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:

    • con liña 1: 8 participantes; e 7 nos centros de menos de 100 alumnos/as matriculados/as
    • con liña 2: 9 participantes.
    • con liña 3: 10 participantes

    Cocientes máximas por grupo:

    • Educación Infantil: ata 12 participantes.
    • Educación Primaria: ata 15 participantes.

    Estas cocientes poderán adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das Anpas.

      Recursos materiais:

      O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización das modalidades deportivas do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

      Recursos humanos:

      Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.

      Organiza:

      Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.

      Máis información:

      Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

      C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

      Tel. 981 202 002

      actividades@fedapascoruna.org

      Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Síguenos en

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión