Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares 2026-27

O programa de visitas escolares ofrece a posibilidade de lles dar a coñecer diferentes espazos, empresas e entidades da Coruña ao alumnado dos centros educativos da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial dos centros educativos do termo municipal da Coruña, en función dos requisitos das visitas.

O número máximo de alumnado previsto polas entidades para cada visita non se poderá superar, salvo autorización expresa da entidade responsable.

Horario:

O horario será establecido por cada entidade.

Na súa maioría, as visitas roldan entre os 60 e 90 minutos de duración.

O programa de visitas escolares aglutina un amplo número de entidades da cidade e da súa contorna que ofertan a visita das súas instalacións polos centros educativos.

Cada entidade indica as condicións das visitas no que se refire aos espazos para visitar, as persoas destinatarias, a xestión dos grupos e os horarios.

Condicións do programa

  • Os centros non teñen que aboar entradas para acceder ás visitas.
  • Os centros poderán solicitar todas as visitas que sexan do seu interese.
  • Os centros ordenarán as solicitudes por orde de preferencia.
  • O número de visitas adxudicadas estará condicionado ás prazas existentes, e terán preferencia na adxudicación os centros públicos.
  • No caso de que a demanda sexa superior á oferta poderanse adxudicar as prazas por sorteo.
  • O programa contará con dúas fases de solicitude: do 15 ao 30 de setembro (para visitas durante o primeiro trimestre) e do 2 ao 13 de novembro (para visitas durante o resto do curso).
  • O Servizo Municipal de Educación financiará, desde decembro, un máximo de 5 viaxes no curso a cada centro de ensino público (unha das viaxes poderá ser ao exterior do termo municipal).
  • Os centros deben incluír nas súas solicitudes para cales das visitas solicitan autobús. No resto de visitas os centros acudirán polos seus propios medios.

O Servizo Municipal de Educación asigna as visitas (ver "Proceso de asignación das visitas") baseándose nas condicións que indica a empresa e tendo en conta, sempre que sexa posible, as preferencias dos centros.

Proceso de asignación das visitas

O prazo de solicitude das visitas terá dúas fases:

  • Do 16 ao 30 de setembro, para o primeiro trimestre do curso
  • Do 2 ao 13 de novembro, para o resto do curso

Os centros tramitarán as solicitudes a través da ficha de inscrición.

Adxudicación provisional: o SME publicará na web municipal, o día 20 de outubro, as datas asignadas na primeira fase e o 4 de decembro as da segunda.

Abrirase un prazo de renuncia ás visitas de 5 días a partir da súa publicación na web. Tras este período as listas pasarán a definitivas. Se isto xerase datas vacantes chamarase á lista de espera.

Adxudicación definitiva: o 10 de novembro para o primeiro trimestre e o 15 de decembro para o segundo e terceiro trimestre do curso.

Cadro resumo
Primeiro trimestre Segundo e terceiro trimestre
Solicitude 15 ao 30 de setembro 2 ao 13 de novembro
Adxudicación provisional* 20 de outubro 4 de decembro
Adxudicación definitiva 10 de novembro 15 de decembro

* prazo de renuncia: 5 días hábiles.

Nota: o programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta, a adxudicación realizaríase por sorteo. O SME asignará, na medida do posible, novas datas para as solicitudes que tivesen problemas coa data de adxudicación provisional. Unha vez confirmadas as datas coa entidade e o centro, estas pasarán a ser definitivas.

Servizo de transporte

  • O SME soamente lles facilita o transporte ás Escolas Infantís Municipais, aos CEIP e aos IES da cidade para as visitas seleccionadas (ata un máximo de 5 saídas por centro, unha delas poderá ser ao exterior do termo municipal).
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario poderase axustar en función da distancia do centro ao lugar de inicio da visita.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante). En caso de levar cadeiras de rodas, o total de prazas verase reducido.
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente. Para iso hai habilitado na aplicación un apartado específico.
  • O SME, para o mellor aproveitamento do transporte, pode acordar que dous centros compartan as prazas do autobús. Isto non afecta o cómputo global anual dos buses solicitados polos centros.

Visitas e percorridos que se ofertan

A relación de visitas que se ofertan no programa son as que se enumeran a continuación (móstranse en letra negra as visitas dispoñibles no primeiro trimestre).

A descrición das características de cada unha delas está recollida no seguinte arquivo: Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares

  1. Alimentes, visita o teu Gadis (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  2. Aluman: Fachadas e proxectos contract. Talleres de carpintería metálica e madeira (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  3. Arquivo do Reino de Galicia (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  4. Biblioteca pública Miguel González Garcés (do 15 de novembro ao 29 de maio)
  5. Bombeiros (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  6. Castro de Elviña: percorrendo o Castro (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  7. Cidade Vella (do 15 de novembro ao 14 de maio)
  8. Coca-Cola (do 1 de febreiro ao 18 de xuño)
  9. Coñece o bus urbano da túa cidade (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  10. Cruz Vermella mocidade (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  11. Fabricación de Eléctrodos de Grafito: Resonac (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  12. Fundación Luís Seoane (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  13. Instalacións de "La voz de Galicia" (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  14. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (do 15 de xaneiro ao 8 de maio)
  15. Museo de Arte Sacra (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  16. Museo de Belas Artes (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  17. Torre de Hércules (do 1 de marzo ao 31 de maio)
  18. Museo das Telecomunicacións (do 15 de novembro ao 18 de xuño)
  19. Museo Histórico e Militar da Coruña (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  20. Policía Nacional. Corpo Nacional de Policía e Museo (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  21. Porto da Coruña (do 12 de xaneiro ao 18 de xuño)
  22. Un día en capitanía (do 15 de novembro ao 18 de xuño)

Nota: as condicións de cada visita, establecidas polas entidades colaboradoras, poden sufrir modificacións ao longo do curso.

Cando:

Dende o 16/11/2026 ata o 15/06/2027

O programa de visitas realízase do 16 de novembro de 2026 ao 15 de xuño de 2027.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 13/11/2026

FICHA DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude terá dúas fases:

  • Do 15 ao 30 de setembro, para o primeiro trimestre do curso
  • Do 2 ao 13 de novembro, para o resto do curso

Admitiranse varias solicitudes simultáneas para o mesmo curso, que o centro ten que ordenar por preferencia.

Máis información sobre a inscrición nos apartados "Condicións do programa" e "Proceso de asignación das visitas".

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Bermúdez

981 184 200 (Ext. 10179)

educacion@coruna.gal

Documentos:

Visitas escolares 2026-27 - Expediente informativo (133 KB)

Documentos relacionados

  • Coruña de Aventura 2026/27 - Relación de visitas escolares (560 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión