Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Accións de comunicación

Foto dunha xuntanza

A nosa estratexia de comunicación fai referencia á maneira en que se deben levar a cabo as accións de información, publicidade e comunicación concibidas no Plan de Comunicación de EidusCoruña

Esta estratexia comunicativa defínese como activa e integral, e debe abarcar todo o ciclo de execución do proxecto, desde a súa fase de lanzamento ata o seu peche e presentación de resultados. As accións de comunicación deben empregar un estilo próximo, coidado, preciso e directo, buscando a simplicidade para facilitar a súa comprensión.

A comunicación da Estratexia EidusCoruña diríxese a un público obxectivo prioritario que comprende a cidadanía da Coruña, axentes público-privados implicados, órganos administrativos sectoriais e visitantes da cidade. Tamén se identifica como público obxectivo secundario as administracións públicas territoriais, a representación permanente da Comisión Europea en España, a prensa xeneralista e resto de habitantes de Galicia e España.

As accións de comunicación estrutúranse en 4 grandes grupos, que á súa vez se poderán ampliar ou modificar segundo avance a execución da Estratexia EidusCoruña.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Os principais medios utilizados son a prensa escrita e dixital, radio, televisión e redes sociais en diversos formatos (publirreportaxes en prensa, cuñas en radio, anuncios en TV, anuncios en redes sociais, noticias en Internet, báners etc.) que formarán parte de campañas publicitarias articuladas no plan de medios, ou ben accións puntuais de comunicación e información. Neste sentido, pódese consultar toda a información relacionada co avance da execución da Estratexia EidusCoruña no apartado Noticias

EVENTOS

Neste tipo inclúense os seminarios, xornadas, actos de presentación ou inauguración etc., que permitan dar a coñecer tanto as operacións realizadas no marco da Estratexia territorial EidusCoruña, como da propia estratexia.

Algúns exemplos de eventos xa realizados ata o momento son a xornada de traballo interna na que se presentou o proxecto EidusCoruña, e o acto de presentación do portal EidusCoruña. A realización destes actos tamén nos permite xerar información actualizada que publicamos en forma de noticia.

Nesta web tamén se poderán consultar outros eventos de carácter xeral, relacionados co desenvolvemento urbano sustentable integrado, no apartado Eventos

PUBLICACIÓNS

No apartado Guías e manuais desta web pódense consultar todas as publicacións dixitais realizadas polo Concello da Coruña para dar a coñecer a Estratexia Eidus Coruña (libros, folletos, boletíns, revistas etc.), dirixidas tanto á propia organización municipal como á cidadanía en xeral.

VÍDEOS

No noso perfil de Vimeo atópanse as creacións audiovisuais destinadas á difusión da Estratexia Eidus Coruña. Pódense reproducir, descargar e compartir vídeos nos que se dan a coñecer as distintas actuacións e o papel tan importante que xoga a Unión Europea na cidade a través do financiamento do fondo FEDER.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión