Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Centro de atención social continuada Padre Rubinos

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Creación dun centro de acollida (LA31)

Obxectivo temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)

Orzamento: 715.800,74 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En execución

Prazo execución: 6 meses

Contratista: Prace Servizos e Obras S.A.

DESCRICIÓN

Este proxecto consiste na reforma da planta baixa e semisoto do inmoble cedido ao Concello da Coruña por parte do Instituto Benéfico Social Pai Rubinos para destinalo a un Centro de Atención Social Continuado.

Redistribuirase o espazo do andar baixo e semisoto para dar servizos a persoas en risco de exclusión social, con capacidade para 29 usuarios. Destínase o semisoto a albergar as instalacións necesarias, así como o espazo para o almacenamento de roupa e alimentos. Outro pequeno espazo queda reservado para o uso do persoal do centro. Tamén se remodelará a zona da praza de acceso e a porta principal.

Dada a envergadura das actuacións, exponse o proxecto en 2 fases. Así mesmo, tívose en conta o futuro acondicionamento dos andares superiores como Hostal Social, deixando previstos os necesarios pasos de instalacións para o seu correcto funcionamento.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude EDI

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión