Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Equipamento para a realización de feiras e mercados

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Establecemento do mapa de espazos de feira especializadas da cidade e dotación dos mesmos (LA26)

Obxectivo temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)

Orzamento: 334.956,21 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En proxecto

Prazo execución: 1,5 meses

DESCRICIÓN

O proxecto consiste na dinamización do mercado de proximidade mediante a creación dun mapa de espazos de feiras especializadas en cada barrio da cidade xunto co equipamento necesario para os mesmos, facilitando os ciclos produtivos de proximidade ao deseñalos de maneira atractiva para as persoas consumidoras. Deste xeito refórzase o comercio de barrio en distintas localizacións da cidade, evitando desprazamentos innecesarios a outras zonas e mellorando o tecido económico e social de cada parte do municipio. Trátase, en esencia, de crear diversos espazos dedicados á venda de produtos en diferentes localizacións da cidade.

Para a execución deste proxecto exponse a dotación de equipamento como carpas, casetas ou jaimas para cada tipo de mercado, baños portátiles, etc. así como outros elementos necesarios para a realización dos mesmos. Os elementos para adquirir cubrirán todas as necesidades de cada mercado urbano. En cada espazo habilitaranse puntos de ancoraxe no pavimento se fosen necesarios, coas conexións de electricidade, auga e saneamento que fosen precisas.

Estes mercados e feiras localizaranse en áreas con oferta integral de comercio, onde nun curto radio de distancia poida efectuarse a compra periódica (semanal ou mensual) dunha familia media. A actividade ordinaria destas feiras deberase acompañar dunha programación complementaria a esa actividade, que a integre na comunidade da súa contorna, aumentando a calidade da oferta.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión