Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Portal da mobilidade urbana

Enderezo:

on-line.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: desenvolvemento e mellora de ferramentas TIC para optimizar a mobilidade e a información sobre desprazamentos (LA9)

Obxectivo temático: mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación (OT2)

Orzamento: 162.140 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: terminada

Prazo de execución: 12 meses

Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

DESCRICIÓN

O obxectivo deste proxecto é integrar nunha única aplicación multiplataforma (portal de mobilidade) o acceso a toda a información relacionada coa mobilidade urbana que actualmente se atopa dispersa en distintas ferramentas e aplicacións, así como o desenvolvemento de novos servizos dixitais sobre a información integrada.

A aplicación constará de tres grandes bloques: visualización e consulta de información; planificador de viaxes; e cadro de mandos de mobilidade.

Implantarase un observatorio da mobilidade a través de ferramentas TIC para lle facilitar a mobilidade urbana a toda a cidadanía, con información en tempo real. Por exemplo, poderán ser prazas de aparcamento dispoñibles en aparcadoiros subterráneos de titularidade municipal, prazas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida, carrís bici, estacións de préstamo de bicicletas, sinais semafóricos acústicos, información sobre itinerarios, liñas e frecuencia de autobuses do transporte público urbano de viaxeiros, paradas de taxi, zonas de carga e descarga etc...

Toda esta información facilitarase en tempo real para que as persoas destinatarias poidan coñecer as posibilidades en cada momento do seu uso e dispoñibilidade, en diferentes idiomas e formatos, compatible con aplicativos para teléfonos móbiles. Tamén se creará un cadro de mandos de mobilidade que aglutine toda a información agregada. Por último, idearanse solucións innovadoras TIC para facilitar a mobilidade das persoas maiores ou persoas de mobilidade reducida, como colectivo máis vulnerable nesta temática concreta, e tamén dirixida a ciclistas como persoas usuarias dun transporte sostible e eficiente.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión