Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Urbanización da rúa Cortaduría

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Promoción da mobilidade a pé (LA11)

Obxectivo temático: Favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 249.350 €

Financiamento FEDER: 80 %

Estado: Terminada

Prazo execución: 4 meses

Contratista: Manuel Rivas Boquete S.L.

DESCRICIÓN

O proxecto consiste en mellorar a rúa Cortaduría mediante a súa reurbanización superficial completa, incluíndo a reparación dos pavimentos existentes e a substitución, renovación e/ou incorporación de novos servizos urbanísticos.

Inicialmente procederase á retirada do mobiliario urbano que poida afectar á execución da obra (sinalización vertical, papeleiras etc). As pezas cuxo estado de conservación sexa aceptable ou conten con partes que poidan servir como reposto para outros elementos situados na cidade serán retiradas e almacenaranse para o seu uso posterior. O resto serán debidamente xestionados como residuos. De forma xeral, o proceso das obras será o seguinte:

  • Detección da totalidade de servizos afectados e accións de seguridade necesarias sobre todos eles.
  • Reformulo e toma de datos sobre os pavimentos existentes.
  • Levantamento de laxas de pedras para a súa posterior reutilización e recolocación.
  • Demolición de firme de callao, bases de formigón e sumidoiros existentes.
  • Apertura de gabias para a substitución e/ou colocación de novos servizos urbanísticos.
  • Execución de novas instalacións, con conexión aos servizos existentes.
  • Pavimentación xeral da rúa con reutilización de laxas de pedra e formación de bandas de laxas de pedra, reproducindo o estado actual segundo a documentación gráfica.
  • Instalación de mobiliario e sinalización vertical.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión