EidusCoruña

Reurbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Promoción da mobilidade a pé (LA11)

Obxectivo temático: favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 669.254 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: terminada

Prazo de execución: 6 meses

Contratista: Manuel Rivas Boquete S.L.

DESCRICIÓN

Procederase a reurbanizar a rúa A Nosa Señora do Rosario. Destacará a mellora en dous aspectos principais:

  • A accesibilidade: xerarase un firme continuo en todo o ámbito de actuación.
  • O espazo: actuarase no punto de intersección constituído pola entrada á Cidade Vella por Porta de Aires, a conexión das rúas Campo da Estrada e A Nosa Señora do Rosario, e a rúa recentemente reformada Xeneral Alesón.

Estes traballos levan implícitos a mellora dalgunhas infraestruturas, como a recollida de pluviais, completar a rede de abastecemento de auga potable e o soterramento das canalizacións de electricidade, telecomunicacións e iluminación que actualmente invaden as fachadas das edificacións. Destas instalacións só se formula o soterramento da electricidade e da iluminación en proxecto, mentres que na instalación de telecomunicacións deixaranse as canalizacións en espera. Ademais, contémplase a reordenación dos elementos de xardinaxe existentes na rúa e a instalación de novo mobiliario urbano.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión