Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A participación cidadá na xestión de EidusCoruña
A estratexia de participación de EidusCoruña enmárcase dentro da estratexia municipal de participación cidadá do Concello da Coruña de forma transversal e integrada nas diferentes políticas que se desenvolven.
Para a execución de EidusCoruña créase o Grupo de Acción Urbana (GAU) como máximo órgano impulsor da participación.
Este órgano, de carácter multisectorial, realiza as funcións de acompañamento, consulta e participación na estratexia. Está presente ao longo de toda a execución da estratexia, asegurando que se integra nela as diferentes voces da cidade. Adicionalmente, levarán a cabo procesos participativos nas accións que integran a estratexia EidusCoruña.
O elemento central da estratexia
A estratexia dunha cidade é un proceso continuo que se adapta ás novas visións cidadás e que aglutina os diferentes procesos participativos levados a cabo para a construción da estratexia da cidade.
Desta maneira toda a cidadanía, organizada ou non, dispoñerá de mecanismos para participar no deseño da estratexia EidusCoruña. Desta premisa parte o Modelo de Participación da estratexia EidusCoruña que se deseñou para dar cumprimento a estes requisitos mediante o deseño dun esquema organizativo con dous marcos de actuación principais:
DESCARGAS:
5 de novembro de 2023
Quincemil
4 de novembro de 2023
El Ideal Gallego
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible