Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Plan de execución de EidusCoruña

Mediante o Plan de Execución o Concello da Coruña pon en marcha, dunha forma estruturada e planificada, a súa Estratexia EidusCoruña aprobada polos organismos públicos correspondentes.

Estes foron Acordos de Lanzamento de EidusCoruña aprobados pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria de 1 de marzo de 2018. Como complemento, a Alcaldía decretou a delegación de funcións para a xestión de EidusCoruña das dúas Unidades necesarias (Unidade de Xestión -UdG- e Unidade de Execución -UdE) para o exercicio das funcións que lle encomendan os manuais.

Para levar a cabo este proceso realizáronse unha serie de manuais e documentos de soporte que nos deben axudar a executar correctamente unha estratexia adecuada e pensada para toda a cidade.

Manual de Procedementos da estratexia EidusCoruña

No Manual de procedementos da Coruña para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España 2014-2020, a nosa entidade local establécese como OIL para as actuacións para desenvolver dentro do Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) financiadas polo FEDER.

Remitiuno o Concello o 22 de decembro de 2017 ao Ministerio de Facenda e Función Pública (MINHAFP) e foi validado pola Dirección Xeral de Fondos Europeos (DGFE) o 4 de xaneiro de 2018. Posteriormente este Manual actualizouse e validouno o OIG o 21 de xaneiro de 2020 (acordo previo da JGL de 9 de outubro de 2019). Nel incorpórase a figura do Coordinador de OT (Obxectivo Temático), persoal técnico responsable que ocupa postos de relevancia na organización municipal formando parte da estrutura directiva da mesma ou desempeñando postos de gran transcendencia desde o punto de vista do desenvolvemento de actuacións estratéxicas na cidade da Coruña.

Como parte moi importante da xestión dos fondos FEDER neste período de programación, establécese o principio de separación de funcións, segundo o cal existen no Concello dúas unidades (Unidade de Xestión e Unidade de Execución) que son independentes e teñen competencias diferenciadas.

Neste Manual recóllese que todos os procedementos administrativos que xere o desenvolvemento da estratexia realizaranse a través de plataforma de administración electrónica, motivo polo cal a Unidade de Xestión publicou un manual básico para a tramitación de expedientes para facilitar a actuación das Unidades Executoras (UUEE).

Plan de Implementación da estratexia EidusCoruña

O Plan de Implementación EidusCoruña (PdI) é a ferramenta a través da cal os fondos europeos FEDER cofinancian a posta en marcha de determinadas liñas de actuación. É unha parte da Estratexia EidusCoruña.

O noso Plan de Implementación comprende 22 liñas de actuación (A) das 34 que recolle a Estratexia EidusCoruña no seu conxunto, e responde a 18 dos 23 Obxectivos Operativos (OP) definidos. Están orzadas en 18.750.000 €, dos cales:

  • o 80% finánciaos FEDER, é dicir, 15 millóns de €
  • o 20 % restante corresponde ao Concello, ou sexa, 3.750.000 €

Para as 12 liñas de actuación restantes, os fondos complementarios achegados polo Concello supoñen un total de 33.350.000 .

Planificación global da estratexia EidusCoruña

Neste documento recóllese a composición da Estratexia global da cidade EidusCoruña na súa totalidade, todas as actuacións previstas, os obxectivos temáticos (OT) aos que se adscriben, así como o gasto previsto para todo o período de duración, non só do Plan de Implementación (PdI) financiado por FEDER, sempre coa idea de crear a "cidade que queremos" buscando un modelo para A Coruña baseado nos conceptos de proximidade e mobilidade.

Estado de avance da estratexia

A estratexia EidusCoruña foi evolucionando e, por tanto, debe analizarse e documentar o seu marco de execución tendo en conta tres ámbitos de actuacións:

  1. Plan de Implementación (PdI)
  2. Actuacións previstas dentro da estratexia, pero non incluídas no PdI (Non PdI)
  3. Actuacións vinculadas a EidusCoruña inicialmente non previstas, pero cuxa execución se enmarca dentro na mencionada estratexia

En maio de 2021 realizouse un informe das actuacións da totalidade da estratexia que reflicte o estado de avance destes tres ámbitos ao longo do perídodo avaliado 2017-2021.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión