Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Operación: Mellora da eficiencia enerxética da iluminación na cidade da Coruña (LA17)
Obxectivo temático: favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)
Orzamento: 320.254,08 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: terminada
Prazo de execución: 3 meses
Contratista: Equipos de Señalización y Control S.A.
DESCRICIÓN
A actuación consiste substituír 309 lámpadas obsoletas que existen en diferentes puntos da cidade por lámpadas LED de alta eficiencia e regulación remota punto a punto, cunha vida útil de 100.000 horas (aproximadamente 23 anos), co obxecto de:
Mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación pública, introducindo lámpadas de maior rendemento e con capacidade de regulación de ata un 100% da iluminación, reducindo a potencia de forma controlada nos períodos de menor actividade.
Reducir os custos de mantemento, coa instalación de lámpadas cunha vida útil de 23 anos aproximadamente, 5 veces superior á das lámpadas actuais.
Dotar as instalacións de iluminación dun sistema de control remoto punto a punto que permita a xestión operativa de forma centralizada, así como a análise do funcionamento do dito sistema, tanto operativa como enerxeticamente.
Adecuar as instalacións de iluminación á regulamentación vixente, tanto no ámbito da eficiencia enerxética como da seguridade industrial.
O ámbito das actuacións circunscríbese aos seguintes tramos viarios:
Avenida Gerardo Porto, na súa totalidade
Avenida Fernando Suárez García, tramo entre a avda. Gerardo Porto e o ascensor ao parque Monte San Pedro
Avenida Fisterra, tramo entre o lugar de San Xosé e a rolda de Outeiro
Avenida de Arteixo, tramo entre a estrada dos Baños de Arteixo e a rolda de Outeiro
Avenida Primo de Rivera, na súa totalidade avenida do Exército, tramo entre a Avenida Primo de Rivera e a zona de acceso ao túnel dos Castros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible