Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Creación do Bosque de Breogán

Enderezo:

Feáns.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Restauración de lugares de interese turístico, cultural e ambiental dos barrios da cidade (LA3)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 289.899,14 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En proxecto

Prazo execución: 6 meses

DESCRICIÓN

O parque urbano "Bosque de Breogán" crearase entre a urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns. A actuación afectará a unha superficie de máis de 27.100 metros cadrados, divididos en dúas zonas: unha de 14.600 e outras de 12.500 metros cadrados.

Prevese a creación de zonas para pasear, zonas de prados e observación, contornas boscosos e mesmo a dotación de equipamentos deportivos nalgún punto. Os carreiros sumarán en total case un quilómetro de percorrido, concretamente contémplase a creación de 912 metros de novos camiños, con pavimentos adecuados á contorna. Ademais, no acceso norte crearase unha plataforma de madeira que facilite o acceso ao novo bosque. O novo espazo contará cun maior número de árbores, xa que se expón repoblarlocon varias especies, tales como fresnos, arces, bidueiros, acivros, cerdeiras, carballos, castiñeiros e haxas.

Antes de proceder á creación de camiños, equipamentos e á repoboación, realizaranse traballos previos de adecuación, como a roza e o coidado das especies vexetais actuais, eliminando as especies invasoras, así como restos de madeira e podas de campañas anteriores. Tamén se eliminarán dous pequenos depósitos de auga, que actualmente están cubertos pola maleza.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión