Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Reforma do mercado de Durmideiras

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Reforma, dotación de servizos asociados, remodelación de espazo público lindeiro e activación de plans de conservación e dinamización comercial dos mercados de barrio da cidade (LA27)

Obxectivo temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)

Orzamento: 1.507.240,72 €

Financiamento FEDER: 80% de 1.433.420,45 € (orzamento do Plan do Implementación Eidus)

Estado: En execución

Prazo execución: 7 meses

DESCRICIÓN

O Mercado de Adormideras ten unha posición central dentro do barrio, pero é un edificio pechado á rúa e totalmente fragmentado no interior. Para optimizar o espazo, exponse unha intervención arquitectónica baseada nas seguintes actuacións:

  • Borrar todo aquilo que non é necesario para liberar o espazo interior en ambas as plantas. Desta forma a planta segunda convértese nun espazo totalmente diáfano apto para unha nova pequena superficie ou para un espazo polivalente para os veciños. A planta primeira reorganiza o conxunto de postos. Trasládanse ao centro para permitir unha fachada totalmente aberta á rúa. A base da proposta é a total apertura do interior ao exterior. O edificio acristálase completamente en todo o seu perímetro. A actividade comercial mira e é vista. Crearanse espazos limpos e nítidos, cambiantes e facilmente transformables. Lugares de encontro onde ver aos veciños, onde compartir os produtos duns e outros de forma ordenada para atraer e facilitar a vida ao cliente.
  • Procesos de desmontes e derribas.
  • Reorganización de postos e espazos de servizo.
  • Dotación dunha planta libre para usos múltiples e un espazo polivalente en planta baixa.
  • Versatilidade de postos. Polo seu tamaño e todo o conxunto de preinstalacións fai que os postos poidan reconverterse con facilidade, desde posto a restaurante, sen modificacións de instalacións.
  • Transformación completa da fachada. A apertura completa da fachada expona a todas as orientacións.
  • Incidencia da luz e problemas de sobrecalentamiento. A solución adoptada foxe de sistemas difíciles de limpar e de corrosión fácil. A situación á beira do mar fai que se eviten as celosías, veos e outro conxunto de solucións. Óptase pola construción dunha fachada dobre de vidro e carpintería de aluminio. Este sistema cumpre con todo o esixido. A galería evita o sobrecalentamiento interior. A posición atrasada dos postos evita a incidencia dos raios solares sobre o produto. A nivel de mantemento só son necesarios os traballos de limpeza xa que non hai mecanismos ou celosías que, a longo prazo, xeren problemas.

En definitiva exponse unha arquitectura limpa, nítida e transparente.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

  • Galeria Mercado Adormideras

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión