Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

EidusCoruña

Hortas urbanas no Parque Adolfo Suárez

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Creación e posta en marcha de hortos urbanos polos distritos da cidade (LA4)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 305.966,20 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En proxecto

Prazo execución: 6 meses

DESCRICIÓN

Proponse a implantación de hortos urbanas na área do Agra do Orzán. A parcela sitúase no parque Adolfo Suárez, máis concretamente no acceso a este desde a rotonda do Pavo Real na que conflúen a rolda de Outeiro, a terceira rolda e a rúa Manuel Murguía. Presenta ademais outro acceso desde a rolda de Outeiro e tamén pola rúa Pardiñas. Por esta última accédese a unha bolsa de aparcadoiro para os usuarios e usuarias que non se trasladen a pé. A parcela ten orientación Noroeste - Sueste con clara pendente descendente cara o Sueste.

Preténdese lograr unha implantación adaptada ao terreo, que saque o máximo proveito da pendente coa orientación que nos ofrece para conseguir a presenza adecuada de luz solar e a protección do vento do Norte. Para iso, realizarase unha intervención mínima que reconfigura a súa xeometría. Son os muros de cachotaría os que definen o conxunto da actuación, definindo os camiños, as plataformas e, estas, os hortos.

A parcela organízase mediante bancais que permiten a agrupación ou división de parcelas. Establécese unha superficie de parcela tipo de aproximadamente 28m². Cunha trama de 7x4 e camiños de 1,5m. Deste xeito obtemos 87 unidades, sendo facilmente adaptables para persoas con mobilidade reducida mediante mesas de cultivo.

Respecto da súa infraestrutura, instalarase iluminación nos percorridos principais e tomas de auga por cada dúas parcelas, de modo que se permita a súa adecuación para a rega por goteo.

A vexetación xoga un papel fundamental na intervención, a cal, xunto aos muros de pedra, permite unha gran diversidade biolóxica ao aloxar insectos e atraer paxaros e outra fauna útil. Isto reforzarase cun hotel de insectos que a maiores do seu propio uso, presenta unha forte vontade didáctica.

Instalarase unha pila para lavado de calzado, ferramentas e verduras; unha composteira común, un xardín de plantas aromáticas e preverase o espazo para un posible invernadoiro para o seu uso como sementeiro colectivo.

Ademais, o presente proxecto contempla a instalación dunha edificación auxiliar para a relación veciñal, ademais de aloxar o material comunitario, os compartimentos para obxectos persoais e o aseo. Dita edificación desenvólvese nun único andar, cunha superficie construída de 91,65m².

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión