Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola intercultural

Enderezo:

Rúa Aaiún 2. 15010 A Coruña

Teléfono:

881 098 363

QUE É A ESCOLA INTERCULTURAL?

O proxecto "Escola Intercultural" enmárcase dentro dos programas que leva a cabo a Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI) como parte das actuacións e actividades dirixidas á poboación migrante da cidade. O obxectivo da escola é promover o desenvolvemento de actividades de dinamización socioeducativa e a adquisición de competencias sociais, culturais e lingüísticas, de desenvolvemento emocional, educativas de relación interpersoal e social, destinadas á poboación migrante da Coruña.

A QUEN VAI DIRIXIDA?

Á poboación migrante (menores/adolescentes e familias), así como á comunidade educativa a onde acoden as e os menores, sociedade de acollida en xeral e entidades sociais que traballan coa poboación migrante.

EN QUE CONSISTE?

En favorecer a integración da poboación migrante na contorna comunitaria, desde tres eixes ou ámbitos fundamentais e estreitamente relacionados: escolar, familiar e comunitario:

-Escolar: (educación infantil, primaria, ESO). Mellorar as competencias no ámbito da educación formal, contribuíndo á prevención do abandono temperán da escolaridad obrigatoria. Traballaranse as clases con material personalizado segundo o nivel curricular de cada alumna/ou, a través de actividades lúdicas (deportivas, artísticas e xogos), venres alternativos, excursión fin de curso etc.

-Familiar: mellorar as competencias de quen forma parte da unidade familiar, en aspectos básicos que favorezan a convivencia e faciliten a inclusión no medio. Traballaranse a comunicación, o desenvolvemento emocional, a educación, os coidados etc., a través de obradoiros familiares, actividades lúdicas de lecer en familia.

-Comunitaria: promoverase a participación sociocultural, o intercambio cultural e a creación de redes de apoio reforzando os lazos sociais na súa contorna próxima. Traballarase mediante obradoiros con outras entidades da cidade, talleres de intercambio cultural.

TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

A escola desenvolve as súas actividades ao longo de todo o ano. Distínguese entre o período escolar lectivo, en que se desenvolven as actividades en horario de tarde e nos denominados "venres alternativos" e o non lectivo/vacacional (Nadal, Entroido, Semana Santa, verán) con actividades en horario de mañá e Escola de Verán.

ONDE SE DESENVOLVE?

R/ Aiún, 2, baixo. Local de uso exclusivo para desenvolver as accións e actividades obxecto da Escola Intercultural e espazo de referencia para a poboación migrante da cidade.

FORMAS DE ACCESO

Acceso ás actividades do ámbito escolar: realizarase sempre a través dos centros educativos da cidade utilizando os protocolos onde se reflectirá a información necesaria (competencias lingüísticas, nivel curricular, características culturais e familiares etc.)

Acceso ás actividades do ámbito comunitario e familiar. A derivación farase desde os servizos públicos (centros educativos, centros cívicos) e entidades da cidade que realicen unha intervención técnico-profesional co/a menor e/ou familia.

PUNTO DE ATENCIÓN INFORMÁTICA

Desde a Escola Intercultural da Unidade de Asesoramento ás Migracións, poñemos en marcha un Punto de Atención Informática con acceso libre a todas e todos aqueles menores escolarizados en 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria e ESO que queiran inscribirse.

Estará aberto dous venres ao mes, en horario de 16.30 a 18.00 h, coa intención de apoiar a aqueles/as que necesiten axuda co funcionamento de aplicacións informáticas, correos electrónicos ou outros programas relativos aos seus estudos, xa que debido á situación actual que vivimos xurdiron novas necesidades en canto á educación a distancia.

A capacidade será limitada e a posibilidade de traer os seus propios dispositivos electrónicos ou ter acceso a un, con solicitude previa, para inciarse cos recursos informáticos demandados ou resolver dúbidas.

Para acudir ao Punto de Atención Informática, é necesario inscribirse con antelación chamando ao 881 098 363.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión