Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Concejalía de Medioambiente y Sostenibilidad

Cuándo:

21 de marzo de 2019

A edil María García salientou que a iniciativa, que recolle as peticións de actuación sobre o medio que reclaman os mozos e as mozas, axudou a reducir dende 2015 nun 45% a recollida de plásticos nas praias nestas datas

A Concellería de Medio Ambiente abre a participación para a cuarta edición do programa 'Móllate!, que implica á mocidade no coidado das praias nas festas de San Xoán

A iniciativa, para á que o prazo de inscrición está aberto ata o 10 de abril, está dirixida ao alumnado de centros de ensino da cidade, a partir de 3º de ESO, e entidades que traballan con xente nova

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou esta mañá unha nova edición de Móllate!, o programa que está dirixido á mocidade para implicala no coidado do medio ambiente en relación ás festas de San Xoán. "Estamos asistindo a un movemento da mocidade, de moitas cidades e países, que se está mobilizando para pedirnos que actuemos e que é plenamente consciente de que as decisións que tomemos agora van ter consecuencias no futuro e lles van afectar a eles. Estannos pedindo que actuemos", contextualizou a edil, que resaltou o feito de que na Coruña "haxa tamén mocidade implicada, que ten a madurez, a sensibilidade e creatividade necesaria para lembrarnos que somos responsables de tomar decisións". Neste contexto, a concelleira explicou que está xa aberto o prazo para participar na cuarta edición deste programa cuxo obxectivo é promover a educación ambiental, a participación e a acción para que a mocidade deseñe as estratexias da Concellería de Medio Ambiente  para sensibilizar á cidadanía de cara ás festa do San Xoán.

"Temos unha mocidade implicada, interesada polo medio ambiente e que foi capaz de reducir a contaminación por plásticos durante as festas de San Xoán ao 45% nas praias. Se en 2015 se recolleron 211 toneladas de residuos da praia en 2018 foron 117 toneladas, a meirande parte xa recollidas nos contedores. E das seis praias nas que se celebra o San Xoán, cinco delas amenceron practicamente impolutas", lembrou a concelleira. Un feito que García enmarcou dentro das campañas ambientais por unhas festas sostibles do Goberno local entre as que se conta Móllate!, iniciativa na que participaron ata o momento máis de 600 mozos e mozas da cidade. "Eles e elas foron quen de mobilizar, a través da súa acción de altofalante con este programa, a moitas outras persoas que decidiron activamente participar nun San Xoán máis sostible e de desfrutar sen deteriorar o medio ambiente", apuntou.

A iniciativa diríxese ao alumnado de centros de ensino da cidade, a partir do 3º curso da ESO, que desenvolverá o deseño e produción de iniciativas que comunicarán, tanto nos seus centros de estudos como ao resto da veciñanza, a necesidade da xestión responsable de lixo do San Xoán. A convocatoria, que é gratuíta, está aberta desde hoxe ata o 10 de abril a todos os IES e CIFP da cidade, así como a entidades e colectivos que traballan con xente nova e tamén centros de inclusión social. Pódese realizar enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@coruna.es. Toda a información sobre a mesma está dispoñible na páxina web http://mollate.coruna.gal.

O programa permite dar á mocidade as ferramentas para deseñar e desenvolver as súas propias accións e iniciativas que comunicarán, tanto nos seus centros de estudos como ao resto da veciñanza, a necesidade da xestión responsable de lixo do San Xoán. Nunha primeira fase, educadoras e educadores de Móllate! realizarán dúas sesións nos centros mostrando a importancia dos mares na vida da cidadanía así como debater sobre as problemáticas asociadas ao lixo. Ese proceso conduce á LIADA, o Laboratorio de Ideas de Acción Directa e Animosa, durante o cal os rapaces e as rapazas, organizados en pequenos grupos de discusión, deseñarán accións concretas de sensibilización coa problemática do lixo no San Xoán que deben ser realizables, críticas e con impacto de cara a toda a cidadanía. De seguido, o alumnado mostrará ao Concello as súas propostas e algunhas delas, "as máis viables e con máis impacto", contarán con difusión pública na que as e os estudantes disporán do apoio de profesionais de ámbitos como a comunicación ou o deseño para a súa execución.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión