Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña


O procedemento de avaliación ambiental de plans e proxectos pretende a utilización de instrumentos de carácter preventivo para o desenvolvemento daquelas actuacións que dalgunha maneira poden afectar a contorna, promovendo desta maneira a preservación dos nosos recursos e a mellor protección do noso medio ambiente.

A avaliación ambiental está regulada na Lei 21/2013, do 9 de decembro, aplicándose con carácter xeral, a proxectos públicos e privados con efectos ambientais significativos.

Esta lei distingue dous procedementos de avaliación do impacto ambiental en función do tipo de proxectos de que se trate, podendo ser ordinario ou simplificado.

A avaliación ambiental é unha competencia propia da administración autonómica, sendo, polo tanto, igualmente seu o deber de información respecto dos proxectos que se somenten ao devandito procedemento.

Para obter máis información sobre este tema e sobre os expedientes en trámite pódeste dirixir á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.


Enerxía sostible

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión