Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina Virtual do Grafiti

O Servizo de Medio Ambiente puxo en marcha unha OFICINA VIRTUAL DE ATENCIÓN EN MATERIA DE GRAFITI coa finalidade de axuntar todos os recursos existentes para a xestión das pintadas ilegais, ofrecendo unha ferramenta áxil e eficaz dirixida ao control integral das pintadas vandálicas realizadas na cidade e á súa eliminación.

Nesta Oficina Virtual, que contará coa colaboración da Patrulla Verde, a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e a empresa Orión Analistas, traballarase conxuntamente nos seguintes aspectos:

  • Creación dunha base de datos actualizada dos graffitis non autorizados existentes na cidade.
  • Identificación de graffiteiros activos e elaboración de informes periciais para a posterior tramitación dos correspondentes expedientes sancionadores (ou remisión de actuacións a Fiscalía).
  • Limpeza de fachadas de titularidade non municipal que linden con espazos de uso público mediante a eliminación das pintadas e graffitis non autorizados.

Este traballo de limpeza de fachadas irase realizando por barrios/distritos de forma lineal e continua, co obxectivo de ir gañando espazos limpos e reducindo paulatinamente os espazos sucios ata a súa desaparición. Realizarase nas seguintes fases:

1. Determinación do distrito/barrio de inicio dos traballos

Desde o punto de vista técnico e estratéxico, para lograr o obxectivo de limpeza de forma lineal, considerouse oportuno iniciar a limpeza na Cidade Vella, Monte Alto (Distrito 10), e continuar polos Distritos 9 e 8 cara a rolda de Nelle.

2. Seguimento do estado da limpeza

A medida que se vaian limpando as pintadas dun barrio/distrito farase un seguimento para evitar que aparezan novas pintadas e, no seu caso, para a súa inmediata eliminación. O obxectivo é preservar a limpeza das zonas xa tratadas.

Para iso contaremos coas seguintes canles de entrada de información:

  • Empresa de limpeza viaria (UTE A Coruña LIMPEZA)
  • Empresa de conterización (UTE ATLANTICA)
  • Policía Local

3. Xestión da incidencia

Detectada unha nova pintada nunha zona limpa, ponse en marcha un dispositivo que comezará coa Intervención da Policía Local, que realizará un informe denuncia dos feitos.

A continuación, a empresa de limpeza viaria acudirá a limpar a pintada no menor tempo posible. O tempo de resposta medio será de menos de 48 horas. Se a pintada produciuse en colectores/papeleiras, será a empresa concesionaria do servizo de conterización quen se encargue da súa eliminación, cun tempo de resposta similar.

No caso en que a superficie para limpar presente dificultades especiais, con carácter previo á limpeza tratarase de solicitar a autorización da propiedade para a limpeza do espazo de que se trate (achégase documento). Dita autorización deberá remitirse ao Concello a través do correo electrónico oficinavirtualgraffiti@coruna.gal

Finalmente, realizarase unha valoración do importe dos traballos realizados para repercutirllos ao responsable da pintada ilegal unha vez identificado.

Autorización para a limpeza de pintadas en fachadas privadas (59 KB)

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión