Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Augas residuais

A rede de saneamento, que transporta ao mesmo tempo as augas residuais e as pluviais, discorre a través deste labirinto oculto baixo o subsolo da Coruña ata a Estación de Depuradora de Augas Residuais da Coruña.

Xestión das redes

Para a xestión das redes de augas residuais, o Concello da Coruña conta con dous sistemas de control que facilitan información en tempo real sobre o funcionamento da infraestrutura.

Telexestión dos bombeos de San Roque e Adormideras:

Esta rede consta dunha estación central situada nas oficinas da Área de Medio Ambiente, onde se reciben os datos, podendo modificar e programarse determinados parámetros de funcionamento como niveis máximos, mínimos, etc., así como as alarmas detectadas polos sensores de nivel, de temperatura, entre outros.

Nos pozos de bombeo sitúanse as unidades remotas que controlan e supervisan de forma totalmente automática o seu funcionamento, remitindo á unidade central e aos operarios encargados do mantemento as alarmas, así como os valores históricos de nivel, caudal, volumes bombeados, sobordes, horas de funcionamento das bombas, número de arranques etc.

Telexestión da rede de sumidoiros:

Esta rede consta de tres estacións remotas situadas nas conexións da rede de sumidoiros dos veciños municipios de Arteixo (cala de Bens), Oleiros (Ponte da Pasaxe, s/n) e Cambre-Culleredo (Ponte da Pasaxe) que se encargan de analizar en continuo a calidade das augas mediante unha serie de sondas (pH, condutividade, materia orgánica e turbidez etc.) que almacenan os datos nas súas respectivas estacións remotas de control e comunicación, as cales transmiten os datos á estación central situada nas oficinas da Área de Sostenibilidade mediante o correspondente módem gsm.

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión