Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

22 de mayo de 2023

Comezan as obras de remodelación do skatepark do parque de Eirís, que contará cun ‘bowl’ e unha ‘skatepraza’ adaptados a máis deportes urbanos

O plan de traballo, que ten un prazo de execución de sete meses, iniciouse este luns coa disposición dos valados perimetrais que acotan as zonas de intervención

Este luns deron comezo as obras da nova pista de skate no parque de Eirís, unha intervención que conta cun orzamento de 510.000 euros e que está levando a cabo a empresa Seranco, á que se lle adxudicou a execución dos traballos na Xunta de Goberno Local celebrada a finais do pasado mes de abril.

En primeira instancia, hoxe está previsto completar a disposición dos valados perimetrais que acotan as zonas de intervención. A continuación, e xa desde mañá, desenvolveranse os traballos de demolición das antigas instalacións do skatepark.

A pista de skate de Eirís, que entrou en funcionamiento no ano 2005, será totalmente remodelada, co obxectivo de adaptar a instalación a un abano máis amplio de deportes urbanos, como patinaxe, as bicicletas BMX e tamén patinetes.

O novo skatepark de Eirís terá dous espazos principais, tal e como demandaban as usuarias e usuarios: un bowl e unha 'skatepraza'. En paralelo ao bowl crearase un paseo peonil, con bancos, fontes e aparcabicis. Ademais, no sector central do recinto haberá un xardín que actuará como espazo separador entre ambas as dúas zonas. O prazo de execución das obras é de sete meses.

Neste sentido, a dirección de obra asignóuselle ao arquitecto Daniel Yábar, un experto nacional na materia e autor de skateparks como os de Santa Lucía en Vitoria-Gasteiz, Parque La Granja en Santa Cruz de Tenerife ou o bowl Vía Hispanidad, en Zaragoza. Tamén ideou circuítos similares en cidades como Logroño e Jerez de la Frontera, e está a ser reclamado para proxectos desta tipoloxía en países como Francia.

Para a definición do proxecto de reforma do skatepark de Eirís, o Concello dialogou e atendeu as demandas e suxerencias dos colectivos de skate e rollers existentes na cidade, agrupacións fundamentais no proceso de recuperación da pista.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión