Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

21 de marzo de 2024

Remata o encontro internacional Urbact Cope, que situou A Coruña como referente europeo en políticas de coidado do medio ambiente

A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, concluíu a xornada felicitando os participantes polo éxito das actividades

O encontro Urbact Cope chegou á súa fin logo de máis dunha ducia de actividades e conferencias sobre modelos de cidade verdes, planificación medioambiental e sostibilidade. A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, destacou o labor dos profesionais da rede, procedentes de sete cidades europeas.

Na xornada de hoxe, o equipo de Urbact Cope realizou varias rutas pola Sagrada Familia para a inmersión no barrio. Acompañados pola Asociación de Veciños e Veciñas da Sagrada Familia, visitaron diversas entidades para explicar o proxecto e recoller ideas para o barrio en materia medioambiental. Tamén mantiveron un encontro coa directiva do Centro social da Sagrada Familia e a Construtora Benéfica, exemplo de desenvolvemento do barrio. A concelleira sinalou a importancia de poñer en común o traballo realizado nas diferentes cidades: "é emocionante compartir ideas postas en marcha por este Goberno local e aprender de plans iniciados por outras cidades, analizar retos comúns e ver as súas diferentes formas de aplicación".

Logo do encontro, o Grupo Local (ULG), formado por representantes de diferentes sectores e actores locais, ademais do Concello;  comezará co deseño dun Plan de Acción Integrado cara a unha acción climática coherente no barrio da Sagrada Familia. O vindeiro encontro do Urbact Cope será no mes de xuño na localidade de Kavala en Grecia. 

O orzamento total da rede para todas as cidades é de 850.000 €, dos que a UE, a través dos fondos FEDER, financia o 70%, uns 598.786 €, correspondéndolle 83.890,7€ á nosa cidade. O proxecto desenvolverase ata o ano 2025, momento no que se disporá do Plan de Acción Integrado para o barrio. Grazas á participación na Rede URBACT COPE, as accións que resulten sitúanse nunha posición moi vantaxosa para a obtención de financiamento europeo para a súa execución.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión