Aberto o prazo para que as entidades admitidas presenten a documentación precisa.
Para público en general
Desde el 22/02/2021 hasta el 08/03/2021
Ya ha finalizado
O Servizo de Medio Ambiente está a tramitar o procedemento para a concesión de autorizacións para o uso de hortas urbanas no Parque de Oza e no Parque Carlos Casares, a favor de asociacións sen ánimo de lucro, de acordo co disposto nas bases reguladoras da citada convocatoria, publicadas no BOP do 22 de decembro de 2020.
Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes o día 9 de febrero de 2021, e unha vez revisada a documentación achegada polas entidades solicitantes, publícase a seguinte relación provisional de entidades admitidas e a documentación que deben achegar, para emendar a súa solicitude.
AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE OZA:
- Asociación de Leira na Leira (G01978741)
AUTORIZACIÓN DE USO DE HORTA URBANA NO PARQUE DE CARLOS CASARES:
- Asociación de Leira na Leira (G01978741)
- Asociación Ecos do Sur (G15354483): Deberá achegar memoria explicativa do proxecto (apartado 7 b) das bases da convocatoria
- Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto (G15038243)
O prazo para presentar a documentación requirida será de 10 días, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no sitio web www.coruna.es/medioambiente (publicado o 22.02.2021). Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se presente a documentación requirida, considerarase que a/o interesada/o desiste da súa petición nos termos establecidos no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das aministración públicas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible