Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

23 de octubre de 2025

A Praza de Lugo acolle desde hoxe a exposición coa que ADEGA celebra o seu 50 aniversario

A mostra “50 anos coidando a terra” poderá visitarse ata o 4 de novembro e repasa a traxectoria da entidade na defensa do medio ambiente galego

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) celebra o seu 50 aniversario cunha exposición itinerante que fai un percorrido polos principais desafíos ambientais aos que se enfrontou desde a súa fundación no ano 1974. A mostra, que leva por título "50 anos coidando a terra", poderá visitarse na praza de Lugo ata o vindeiro 4 de novembro.

Na inauguración estivo presente a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, quen trasladou a súa felicitación á entidade pola súa longa traxectoria e destacou o valor do traballo desenvolvido ao longo de cinco décadas na defensa do patrimonio natural galego.

Durante o acto, a concelleira puxo en valor a colaboración que o Concello mantén con ADEGA desde o ano 2021, centrada en iniciativas educativas e de sensibilización ambiental que subliñan, ademais, o papel esencial das mulleres no coidado da natureza.

Esta exposición forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por apoiar accións que fomenten a educación ambiental e a implicación da cidadanía nos retos ecolóxicos actuais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión