2 de diciembre de 2020
O concelleiro de Educación supervisou os traballos realizados polo concello para que a rapazada poida contar cun espazo para aprender a cultivar os seus propios alimentos
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, visitou esta mañá o Colexio San Pedro de Visma para supervisar os traballos realizados polo concello co obxectivo de que a rapazada poida contar cun espazo para aprender a cultivar os seus propios alimentos. Neste caso, os escolares de 6.º de Educación Infantil, acompañados da súa profesora, sementaron amorodos. O concello, a través do Servizo de Educación, preparou o horto para facilitarlle o traballo á comunidade educativa moi vinculada a temas ambientais. Os traballos realizados inclúen, ademais da preparación do terreo e a instalación de bancais, a creación dun carreiro dos sentidos onde a cativada poderá descubrir a través dos sentidos os distintos tipos de plantas.
O edil felicitou o alumnado e a dirección do centro polas actividades que levan a cabo no colexio sobre educación ambiental e ecolóxica. Celemín comprobou como cada clase coida dos seus propios hortos onde ademais teñen galiñas. O responsable municipal destacou o valor dos hortos urbanos como ferramenta educativa e a importancia que ten a educación ao aire libre, con espazo e, ao mesmo tempo, aprendendo hábitos de alimentación saudable.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible