Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

21 de septiembre de 2023

Comeza o Festival Mar de Mares, con numerosas propostas divulgativas sobre a preservación dos océanos

A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, participou no acto inaugural, animando á cidadanía a participar nas actividades

Este xoves, 21 de setembro, arrinca a décima edición do Festival Mar de Mares, unha iniciativa cuxo obxectivo é ofrecer unha programación divulgativa sobre a importancia da conservación dos océanos e da natureza. Á súa inauguración, que tivo lugar na Fundación Paideia, asistiu a concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz. 

O Festival Mar de Mares, desde a súa primeira edición no 2014, reúne as principais persoas expertas no estudo, na creación artística e na defensa dos océanos para dar a coñecer a beleza e a importancia vital dos mares para os seres humanos. Diversos axentes da cidade unirán forzas cunha programación que abrangue exposicións, rutas dramatizadas, encontros literarios, observacións de aves, rutas en barco e encontros con persoas expertas.

As actividades repartiranse por diferentes espazos da cidade. No paseo do Parrote realizarase o sábado 23 e domingo 24 o Mercado Mar de Mares, con diferentes propostas para todas as idades: obradoiros, concertos, charlas, catas, degustacións e xogos. Tamén destaca a realización na Domus do Ocean Film Fest, cunha selección de películas con temática mariña.

"O Goberno de Inés Rey seguirá a postar por accións divulgativas como este festival Mar de Mares e por políticas que permitan preservar o noso medio", sinalou Noemí Díaz durante a súa intervención.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión