28 de septiembre de 2023
O concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, e o secretario xeral da asociación, Froilán Pallín, asinaron esta mañá o convenio de colaboración
O Concello da Coruña colabora coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) na posta en marcha de actividades de protección ambiental. O proxecto, que ten como obxectivo protexer o territorio, consiste na retirada de posibles resíduos ou especies invasoras en espazos naturais e mellorar a calidade da contorna.
O concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, e o secretario xeral da asociación, Froilán Pallín, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a realización da actividade e para o que o Concello achegará un total de 10.000 euros. O concelleiro da área estivo acompañado por Noemí Díaz, concelleira de Medio Ambiente.
A colaboración súmase á da asociación 'Hábitat' para a realización de actividades de educación e recuperación ambiental en diferentes puntos da cidade avanzando no compromiso do Goberno de Inés Rey coa protección do medio natural.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible