Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2023

O Concello instala o banco número 7.000 da cidade no renovado miradoiro de Bens

O Goberno de Inés Rey acondicionou e instalou novo mobiliario neste espazo, xa aberto á cidadanía

O Concello da Coruña rematou esta semana a reforma do miradoiro de Bens. Neste espazo instalouse o banco número 7.000 da cidade.

Os traballos, que contaron cun orzamento de 40.000 euros, consistiron no acondicionamento da zona, onde se manteñen as prazas de aparcadoiro. Instalouse un novo valado e unha plataforma para uso peonil. Ademais, colocáronse varios bancos, entre eles o número 7.000 da cidade, situado na propia plataforma desde a que se pode disfrutar dunha vista despexada da Coruña. "Trátase dun lugar cunhas vistas privilexiadas da nosa cidade e que grazas ao Goberno de Inés Rey agora loce totalmente renovado", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

O Goberno municipal instalou entre maio de 2019 e decembro de 2022 un total de 538 bancos repartidos nos diferentes barrios da cidade. Nesa cifra figuran bancos novos, bancos substituídos e bancos colocados en obras finalizadas nos últimos anos. Trátase de diferentes modelos e a súa localización está distribuída por toda a cidade, onde destaca o número de bancos novos en Xuxán, froito do proxecto de urbanización posto en marcha neste mandato.

"Nestes últimos anos intensificamos a colocación de novo mobiliario urbano como bancos, inspeccionando barrio a barrio onde eran máis necesarios. O Goberno de Inés Rey busca crear rúas pensadas para a cidadanía e os peóns", sinalou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego. O novo miradoiro de Bens xa está aberto á cidadanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión