3 de marzo de 2019
O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente asistirán este luns, no Obelisco, a unha nova acción de sensibilización para dar a coñecer os animais que se atopan no Centro Municipal de Acollida
A Concellería de Medio Ambiente avanza no plan de actuacións de sensibilización vinculadas á campaña '(A)colle', que pretender promover a adopción responsable dos animais de compañía que conviven no centro de benestar animal municipal. Así, este luns 4 de marzo, ás 17.00 horas, o Obelisco acollerá unha nova acción na que participarán o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Medio Ambiente, María García. Nesta intervención, a veciñanza poderá coñecer a algúns dos cans e das cadelas que se atopan no centro municipal de acollida. "Con este tipo de accións de rúa queremos sensibilizar, dun xeito próximo, ao maior número posible de persoas sobre a importancia da adopción responsable", apunta García, quen avanza que durante o mes de marzo se desenvolverán accións semellantes en diferentes puntos e centros cívicos da cidade e centros cívicos.
A quinta edición desta campaña municipal segue as políticas postas en marcha polo goberno local coa finalidade de mellorar a convivencia entre animais domésticos e veciñanza, ademais das estratexias que permitiron avanzar cara ao sacrificio cero, un dos principais retos en materia de benestar animal do Concello.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible