Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

31 de marzo de 2025

Serán en Palexco os días 1, 2 e 3 de abril ás 17:00 e de novo serán con entrada libre ata completar aforo

O proxecto Coruña Marítima retoma os talleres participativos co obxectivo de seguir escoitando á sociedade sobre a transformación futura do porto

Esta semana celebraranse outros tres encontros sobre “Equipamento e usos”, “Actividade portuaria” e “Ecoloxía, medio ambiente, auga e enerxía”

Despois do alto nivel participativo dos primeiros talleres celebrados a semana pasada no marco do proxecto Coruña Marítima, a cidadanía coruñesa volve a ter a oportunidades de expresar as súas propostas para a futura fachada marítima da Coruña.  

A Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria) convoca aos coruñeses a participar noutros tres debates temáticos organizados para esta semana.

O primeiro deles, "Equipamento e usos", será mañá martes, 1 de abril, ás 17:00 na sala Loft de Palexco, ubicada na terceira planta con entrada pola porta lateral. Ademais do público asistente, que poderá expoñer as súas opinións durante a sesión, participarán como invitados expertos da Escola Técnica Superior de Arquitectura, o Colexio Oficial de Arquitectos e representantes de sectores como a cultura, a construcción, o deporte, a sanidade ou o Convention Bureau.

O segundo dos talleres, organizado para o mércores 2 de abril no Palexco ás 17:00, centrarase nas actividades portuarias, de forma que saian potenciadas coa futura reordenación dos peiraos. Participarán representantes dos sectores que traballan ou desenvolven a súa labor día a día no Porto da Coruña: a Lonxa, sector pesqueiro, amarradores, prácticos, consignatarios, distribuidoras, empresas portuarias e clubes náuticos, entre outros colectivos.

O xoves 3 de abril concluirán os talleres co dedicado a "Ecoloxía, medio ambiente, auga e enerxía", vectores transversais que deben caracterizar ás intervencións que se realicen en todo o ámbito. Neste caso está prevista a participación, ademáis de expertos universitarios en sustentabilidade, paisaxistas, naturalistas e expertos en economía circular.

Estes talleres participativos están orientados a recabar suxerencias para o futuro do Porto e da cidade, como as que están a chegar á páxina web www.corunamaritima.com. Conta cun "buzón" de suxestións, chamado "A túa opinión importa", que xa recibiu máis de setenta propostas por parte dos cidadáns.  

As achegas que se están solicitando nos talleres e na páxina web serán analizadas e ordenadas por temas, para a súa incorporación ás bases do Máster Plan que se convocará nas próximas semanas co obxectivo de deseñar as liñas mestras da futura fachada marítima da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión