Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2026

A remodelación dos Cantóns permitirá crear un percorrido accesible e ininterrumpido entre a praza de Mina e María Pita, dun quilómetro de distancia

Será a primeira vez que o aparcadoiro subterráneo dispoña dun elevador que conecte coa superficie, o que permitirá mellorar a mobilidade vertical e garantir o acceso PMR e dos carriños

Avanzan as obras de remodelación dos Cantóns, promovidas polo Concello, co foco posto agora na contorna da praza de Mina, que será o punto de partida dun percorrido peonil ininterrumpido e totalmente accesible ata a praza de María Pita, dun quilómetro de distancia, pasando pola rúa Real ou a Mariña.

As melloras de accesibilidade para facilitar o paso de persoas con mobilidade ou visibilidade reducida son un aspecto moi destacado da reconfiguración dos Cantóns. Intervencións como a efectuada en Santa Catalina -onde se peonalizou a intersección con Durán Loriga- garanten un tránsito peonil continuo e sen obstáculos, posibilitado tamén polo traballo que se está a executar no pavimento, con toda a superficie peonil ao mesmo nivel.

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta medida, que non só garante o cumprimento da normativa vixente, senón que permite adecuar os espazos públicos do corazón da cidade ás necesidades de persoas con dificultades de mobilidade, cunha perspectiva inclusiva palpable tamén nos materiais da superficie peonil.

Neste sentido, outra das novidades que incorporan os Cantóns son as liñas de pavimento táctil indicadoras, unha actuación clave en materia de sinalización para persoas invidentes. Estas liñas xa están dispostas sobre o granito e preto do acceso principal á delegación territorial da Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE).

Este tipo de pavimento permitirá que as persoas con dificultades de mobilidade accedan de forma máis intuitiva ás paradas de transporte públicos e taxis.

A primeira vez que o aparcadoiro dos Cantóns disporá de mobilidade vertical

Outra mellora fundamental ideada no proxecto de remodelación dos Cantóns foi a de adaptar as conexións co aparcadoiro subterráneo, construído décadas atrás e que, ata agora, carecía de accesos PMR adecuados.

Coas obras impulsadas polo Concello, o aparcadoiro pasará a dispor dun novo elevador que permitirá o acceso de persoas en cadeira de rodas e tamén os carriños das crianzas. Ademais, o propio aparcadoiro incorporará prazas de estacionamento PMR.

A adaptación dos accesos ao aparcadoiro tamén será visible nas novas escaleiras que haberá desde os xardíns de Méndez Núñez e no acceso que se habilitará na outra beira, no Cantón Grande, cunha nova escaleira e rampla no canto da antiga rampla de tráfico rodado. Isto garantirá unha saída peonil limpa e directa a unha das zonas máis emblemáticas da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión